Pois despois da derrota por goleada ante o Spartak de Navia chegou o derradeiro partido non que perdemos por 3 a 0 e grazas, xa que acudimos 7 a xogar, un deles lesionado. Así en dous partido levamos 9 goles en contra e 0 a favor, cando en toda a segunda volta perderamos 2 partidos e empataramos 1. Pero vaiamos por partes:
Spartak de Navia 6 - Caf.RECA-A.F. 0
Acudimos ao partido con gañas de sumar os 3 puntos para facer un final de liga digno e tentar acadar a mellor posición posíbel, neste caso 4ª e 5ª posición, pero desgraciadamente a nosa presión e todas as nosas ocasións remataron en nada. O equipo tiña unha aliñación boa e competitiva cun problema que doutras veces non o foi porque o traballo defensivo do equipo, que non a defensa, estivo a un gran nivel, e é que non tiñamos porteiro, polo menos un oficial. Con todo o equipo tomou as rendas e se volcou no campo rival e foron chegando as ocasións, con incluso algún man a man pero o seu porteiro, sobervio, e a súa defensa, ainda máis sobervia, foron desbaratando todas as ocasións. Pouco a pouco o Spartak foi chegando con máis perigo á nosa área, debido a que o equipo estaba cada vez máis volcado, e así chegou o primeiro gol e ao pouco o segundo. Así chegouse ao tempo de lecer co resultado de 2 a 0 a favor do equipo rosa.
A segunda parte comezou co equipo celeste conxurado en remontar como fixera outras veces presionando moi arriba e metendo aos de Navia no seu campo, máis aguantaron as envestidas, sacaron varios balóns en liña de gol, e así chegou o penalti, ao meu criterio inxusto, xa que mo pitaron a mín como cancerbeiro que era, e toquei balón primeiro. Co 3 a 0 o golpe foi duro, o equipo foise sen cabeza máis arriba ainda, seguiron se materializar as ocasións e comezouse a facer a guerra de xeito individualizada e así chegou a contra que faría o cuarto gol cunha saída precipitada do que escribe. E logo co partido franco para os rosas e co orgullo ferido dos celestes que non se crían que non acadaran marcar un gol, cousa que tentaron ata o final, chegaron os dous goles restantes. O último tras unha "Higuitada" na que o cancerbeiro celeste, eu, curtou un balón no seu área e foise con el ata o medio campo, no que dubidou entre sortear a outro rival e pasar, optando pola segunda cousa, o caso que a "alfombra" de Samil como non lle deas bastante forza, ainda que estea ao teu carón, como así era, frease moito.... total, o Spartak recuperou o balòn e cun pouco de fortuna nalgún rexeite acabou o balòn dentro e un resultado para nós moi inxusto e doloroso co que perdemos calquera posibilidade de subir máis na clasificación.
Cervecería Terranova 3 - Caf.RECA-A.F. 0
O equipo acudiu con 7 xogadores a Samil, en teoría a unha hora idílica, ás 11 horas da mañá e cun deles lesionado. Así a consigna foi facer un partido para perder polo mínimo posíbel. Aguantouse a primeira parte sen recibir ningún gol pero na segunda parte, ao recibir o primeiro tanto, o equipo saíu con casta, ainda que contra o sentido común cara arriba, e así chegaron os dous tantos seguidos de contras rápidas. O equipo volveuse a axustar atrás e aguantou o resultado dignamente.
A partires de aquí pensar na vindeira xornada, partindo da base de que esta foi desastrosa e non porque non houbera mimbres para acadar o ascenso, tal como se demostrou na segunda volta, senón porque non se puido contar nos partidos cun número suficiente de xogadores que garantisen poder competir cada un dos encontros. Así, a secretaría técnica recibiu propostas para o retorno de xogadores ilustres que xa vestiron a elástica celeste no pasado máis glorioso do equipo ou de xeito esporádico nalgún torneo veraniego. Con todo, traballarase en montar un bo equipo e un bo grupo humano, onde a interese común e a interese individual poidan convivir sen restar competitividade ao equipo.
3 jun 2013
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Grazas polos seus comentarios, por favor sexa respetuoso.