26 feb 2017

AVANZANDO XUNTOS!!

https://www.ivoox.com/samuel-presidente-do-atletico-fragoso-mundo-deportivo-audios-mp3_rf_17209530_1.html


http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2017/02/23/paron-futbolistico-regates-seguro-medico/1628779.html#

Estámonos a xuntar moitos delegados de fútbol-7 e fútbol sala para tomar medidas conxuntas ante o seguro. Se non queredes deixar o voso número aquí, podedes enviarnolo a atleticofragoso@hotmail.com

12 feb 2017

ACTUACIÓN ANTE O ABUSO DO SEGURO

Á ATENCIÓN DOS COMPAÑEIROS DA “LIGA VIGOENXOGO” 

 Vigo, a 12 de febreiro de 2017 

      O Atlético Fragoso é un equipo de fútbol-7 da liga “VIGOENXOGO” que comezou a súa andaina fai 20 anos en segunda división junior coa acepción de NOVA RUTAS-B e con etapas onde patrocinadores como Autoescola Faro, C.C.Beade, Caf.RECA ou M.A.LAREO OSTEOPATÍA agochaban as nosas siglas A.F. Pois ben, un ano que debía ser de celebracións tornouse nun ano complicado para dous compañeiros e, por tanto, tamén para o equipo como a seguir vou relatar:

- Na primeira xornada (9 de outubro) desta temporada un compañeiro do equipo nun lance de xogo lesionouse o xeonllo, sabendo despois de varias probas e a MEDIADOS DE XANEIRO que tiña rotura dos ligamentos cruzados.

- Na novena xornada (4 de decembro) desta temporada, tamén, lesiónase outro compañeiro noutro lance de xogo, ao parecer, despois da primeira e única visita ao traumatólogo, podería ser menisco…

- A este segundo compañeiro sen ningunha proba, aducindo que o fixera só e con outras excusas, déronlle o alta en Fátima.

 - Pouco despois, ao primeiro compañeiro lesionado, sen ningún tipo de explicación, chamáronno de Fátima para dicirlle que o seguro non cubría a súa operación polo que tiña que dirixirse á Seguridade Social.

- Durante este tempo a organización remitiunos ao corredor de seguros para que fixera de mediador coa compañía aseguradora e coa que, ao parecer, mantivo algunha reunión e da que está a esperar resposta.

- O equipo, entrementres, neste derradeiro mes deu por perdidos tres encontros consecutivos por non ter o mínimo de xogadores precisos para presentarse, xa que, ao saber o que estaba acontecendo, parte da nosa plantilla decidiu non xogar ante o risco que supuña para eles, a nivel laboral, lesionarse de gravidade e ter que esperar unha operación pola Seguridade Social. Así, advertidos pola organización de que non podiamos seguir dando por perdidos os encontros DECIDIMOS PRESENTARNOS E NON DESPUTAR OS ENCONTROS para non poñernos en risco entrementres non se soluciona esta situación.

       Por todo elo, sendo conscientes de que ambas decisións provocan un prexuízo aos nosos rivais apelamos á súa comprensión. Así mesmo, chamamos ao resto de equipos a facer fronte común para tentar solucionar este problema que, a día de hoxe, nos afecta, en gran medida, a nós e que saibamos, como mínimo, a outro xogador máis do DICONS. Para elo solicitamos, en primeira instancia, que se comparta este escrito polas redes con compañeiros do equipo e doutros adversarios que coñezades e que vos poñades en contacto connosco por medio do noso blog: http://atletico-fragoso.blogspot.com.es/ ou no enderezo electrónico: atleticofragoso@outlook.es para achegarnos suxestións, ideas, etc e tentar, como dixemos antes, tentar solucionar este problema ou, se cabe, que contacte con nós máis xente damnificada.


 SEN OUTRO PARTICULAR, AGRADECERVOS DE ANTEMÁN A VOSA COMPRENSIÓN E COLABORACIÓN!

20 abr 2016

NOVO ASCENSO!!!!

O Atlético Fragoso acada un novo ascenso con varias xornadas de antelación, aínda que desta volta como segundo clasificado, tras perder os dous partidos contra o Vitrasa.

6 ago 2015

CAMPIÓNS 3ª Div.Honra!!!!

Tras un duro partido no que tocou remontar ante un duro rival e terceiro clasificado, o CUCAS, O Atlético Fragoso acada o terceiro campionato dunha liga menor da Vigoenxogo e quinto ascenso. O partido comezou con numerosas ocasións por parte do Fragoso que, incluso, errou un penalti. Pero o partido tiña que ter un argumento glorioso, así un agasallo da zaga celeste aproveitouno o dianteiro branco para complicar a liga ao Lareo e aledar ao Vitrasa espectante na grada. Co resultado de 0 a 1 rematou a primeira parte, e elo pese a todos os esforzos feitos polos locais para levar ao tempo de lecer un resultado mellor. A segunda parte comezou como a primeira, cos celestes apretando coa meta de acadar unha liga que se puña costa arriba. Pero a este empuxe o Cucas á contra amosaba o seu perigo e avisaba do fina liña que había entre a remontada e o final do partido. Con todo, mediada a segunda parte o Fragoso conqueriu o empate por medio de Jesús e só quedaba botar o resto. Así a 6 minutos do final acadouse aquilo que semellaba escaparse, e Prieto entraría na historia do clube marcando o gol que daría lugar á terceira liga da historia en 18 temporadas. En breve o video do partido!!!
Prieto, autor do segundo tanto, dispara a portería na penúltima xornada

1 jun 2015

Penúltima xornada da temporada...

Nesta xornada o M.A.Lareo Osteopatía-Atlético Fragoso venceu ao Marco Evaton polo resultado de 7 a 1. Con este resultado o M.A.Lareo-A.F. mantén o liderado unha xornada máis, tendo que pelexar pola liga na derradeira xornada co Cucas, terceiro clasificado, que, ainda que son remotas, ten posibilidades de gañar a liga. Por elo, a pelexa pola liga é cousa de tres equipos: O M.A.Lareo Ost-A.F., o Vitrasa e o Cucas. O M.A.LAREO depende de sí mesmo, pero ten que vencer ou empatar se o Vitrasa tamén empata. Pero o que máis díficil o ten é o Cucas, a tres puntos do líder, que tería que gañar por máis de 5 goles e esperar que o Vitrasa non gañe. Por tanto, despois dunha liga onde só concedemos 4 empates xogámonos a mesma na derradeira xornada ante un duro rival.
Equipo que desputou a penúltima xornada ante o Marco Evaton
O porteiro rival para o penalti cometido sobre Viñas e executado por el mesmo.
Gol de Prieto
Sexto gol, obra de Lareo
Quique centra....
e Álex marca o sétimo tanto para os celestes
... algúns despídense xa da temporada!!!

26 oct 2014

M.A.Lareo Ost.-A.F. 8 - 1

Partido cómodo o desputado hoxe no campo de Samil ás 14 horas cunha temperatura máis propia do mes de xuño. O rival inquedou algo despois de recibir o primeiro tanto, tamén grazas ao que vén sendo a tónica desta temporada, a gran porcentaxe de oportunidades erradas. A primeira parte rematou cun catro a cero, grazas a tres goles case seguidos antes do tempo de lecer. Na segunda parte os rivais levados polo corazón fóronse arriba e acadaron un gol que só serviu para maquillar o resultado. Os Atléticos impuxeron o seu xogo e sen présa pero sen pausa foron creando oportunidades e acadando os catro goles restantes que deixarían o abultado resultado final de 8 a 1. Goles de: Lareo 3, Álex, Fran, Viñas, Samuel e Jesús.
Imaxe do goleador da xornada, M.A.Lareo, no partido da pasada Champions League.