6 ago 2015

CAMPIÓNS 3ª Div.Honra!!!!

Tras un duro partido no que tocou remontar ante un duro rival e terceiro clasificado, o CUCAS, O Atlético Fragoso acada o terceiro campionato dunha liga menor da Vigoenxogo e quinto ascenso. O partido comezou con numerosas ocasións por parte do Fragoso que, incluso, errou un penalti. Pero o partido tiña que ter un argumento glorioso, así un agasallo da zaga celeste aproveitouno o dianteiro branco para complicar a liga ao Lareo e aledar ao Vitrasa espectante na grada. Co resultado de 0 a 1 rematou a primeira parte, e elo pese a todos os esforzos feitos polos locais para levar ao tempo de lecer un resultado mellor. A segunda parte comezou como a primeira, cos celestes apretando coa meta de acadar unha liga que se puña costa arriba. Pero a este empuxe o Cucas á contra amosaba o seu perigo e avisaba do fina liña que había entre a remontada e o final do partido. Con todo, mediada a segunda parte o Fragoso conqueriu o empate por medio de Jesús e só quedaba botar o resto. Así a 6 minutos do final acadouse aquilo que semellaba escaparse, e Prieto entraría na historia do clube marcando o gol que daría lugar á terceira liga da historia en 18 temporadas. En breve o video do partido!!!
Prieto, autor do segundo tanto, dispara a portería na penúltima xornada

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Grazas polos seus comentarios, por favor sexa respetuoso.