12 feb 2017

ACTUACIÓN ANTE O ABUSO DO SEGURO

Á ATENCIÓN DOS COMPAÑEIROS DA “LIGA VIGOENXOGO” 

 Vigo, a 12 de febreiro de 2017 

      O Atlético Fragoso é un equipo de fútbol-7 da liga “VIGOENXOGO” que comezou a súa andaina fai 20 anos en segunda división junior coa acepción de NOVA RUTAS-B e con etapas onde patrocinadores como Autoescola Faro, C.C.Beade, Caf.RECA ou M.A.LAREO OSTEOPATÍA agochaban as nosas siglas A.F. Pois ben, un ano que debía ser de celebracións tornouse nun ano complicado para dous compañeiros e, por tanto, tamén para o equipo como a seguir vou relatar:

- Na primeira xornada (9 de outubro) desta temporada un compañeiro do equipo nun lance de xogo lesionouse o xeonllo, sabendo despois de varias probas e a MEDIADOS DE XANEIRO que tiña rotura dos ligamentos cruzados.

- Na novena xornada (4 de decembro) desta temporada, tamén, lesiónase outro compañeiro noutro lance de xogo, ao parecer, despois da primeira e única visita ao traumatólogo, podería ser menisco…

- A este segundo compañeiro sen ningunha proba, aducindo que o fixera só e con outras excusas, déronlle o alta en Fátima.

 - Pouco despois, ao primeiro compañeiro lesionado, sen ningún tipo de explicación, chamáronno de Fátima para dicirlle que o seguro non cubría a súa operación polo que tiña que dirixirse á Seguridade Social.

- Durante este tempo a organización remitiunos ao corredor de seguros para que fixera de mediador coa compañía aseguradora e coa que, ao parecer, mantivo algunha reunión e da que está a esperar resposta.

- O equipo, entrementres, neste derradeiro mes deu por perdidos tres encontros consecutivos por non ter o mínimo de xogadores precisos para presentarse, xa que, ao saber o que estaba acontecendo, parte da nosa plantilla decidiu non xogar ante o risco que supuña para eles, a nivel laboral, lesionarse de gravidade e ter que esperar unha operación pola Seguridade Social. Así, advertidos pola organización de que non podiamos seguir dando por perdidos os encontros DECIDIMOS PRESENTARNOS E NON DESPUTAR OS ENCONTROS para non poñernos en risco entrementres non se soluciona esta situación.

       Por todo elo, sendo conscientes de que ambas decisións provocan un prexuízo aos nosos rivais apelamos á súa comprensión. Así mesmo, chamamos ao resto de equipos a facer fronte común para tentar solucionar este problema que, a día de hoxe, nos afecta, en gran medida, a nós e que saibamos, como mínimo, a outro xogador máis do DICONS. Para elo solicitamos, en primeira instancia, que se comparta este escrito polas redes con compañeiros do equipo e doutros adversarios que coñezades e que vos poñades en contacto connosco por medio do noso blog: http://atletico-fragoso.blogspot.com.es/ ou no enderezo electrónico: atleticofragoso@outlook.es para achegarnos suxestións, ideas, etc e tentar, como dixemos antes, tentar solucionar este problema ou, se cabe, que contacte con nós máis xente damnificada.


 SEN OUTRO PARTICULAR, AGRADECERVOS DE ANTEMÁN A VOSA COMPRENSIÓN E COLABORACIÓN!

12 comentarios:

  1. Buenas! Soy Nacho, delegado del Mambo Team de 2º División de la Vigo en Xogo y, aunque nunca coincidimos en ninguna división, conozco en persona a un par de jugadores de vuestro equipo. Nosotros llevamos más de 10 años en la liga (antes éramos cafetería La Piragua) y por suerte pocas veces tuvimos que usar el seguro. Sin embargo, en Noviembre de 2012 un jugador de nuestro equipo se rompió el cruzado en un partido, y si bien en 1 mes estaba operado, todavía hoy espera por la férula para el post operatorio (obviamente se compró él una). De siempre estos seguros fueron un timo y las corredurías sólo los contratan xq consiguen unas primas jugosas en un primer momento. Hablo en nombre del equipo al deciros que estamos con vosotros. Mi móvil es 620 900 752, si queréis contactar conmigo y otros delegados para hacer presión o algo, podemos intentar compatibilizar horarios, o algo. Saludos y ánimo!

    ResponderEliminar
  2. OK, moitas grazas! Tomamos nota, desta experiencia se algo sacamos en limpo é que como colectivo debemos estar organizados e non só para isto, senón para problemas máis triviais pero que estando xuntos se subsanan con maior premura. Sei que noutras ligas os delegados están en grupos de whatsapp e calquera problema subsananno enseguida grazas a facer forza. Debemos tentar chegar ao maior número de equipos da liga, contactar con todos os delegados e responsábeis dos equipos para, en primeiro lugar, estar organizados. Logo saber todos os xogadores afectados polo seguro e facer forza para que sexan atendidos. Seguir organizados para os que veñan despois e para facer fronte común de todo aquelo que consideremos se poida mellorar... incluído os seguros do vindeiro ano.... que despois disto algunha volta haberá que darlle...

    ResponderEliminar
  3. El seguro de la Vigo en Xogo no vale para nada. Desde Churrascos Celestes F.S. os apoyamos.

    ResponderEliminar
  4. Deberiamos ir collendo os números dos delegados cos que nos vaiamos enfrontando para organizar, en principio, grupos de whatsapp das nosas respectivas ligas ou pedir os números dos delegados directamente en VIGOENXOGO e facer un grupo con representantes das diferentes ligas para ser operativos, como idea inicial...

    Polo de agora o resultado do noso encontro non aparece e imos ver que decisión toma o comité de competición sobre nós...

    ResponderEliminar
  5. Hoxe temos reunión con vigoenxogo e o corredor de seguros máis os 2 nosos compañeiros lesionados e o delegado do Dicons ás 21:30h nas súas instalacións.... se hai algún lesionado máis....

    ResponderEliminar
  6. Hola, soy David el delegado del Dicons,a ver si lo de ayer vale para algo, cuanto más gente sepa esta movida del seguro, mejor, está al corriente también Suso, colega y delegado del Eurolux de 3º senior F-7, yo espero que haya solución para estos 4 casos, que sepamos que hay, y la reclamación conjunta que va a hacer el equipo jurídico de la correduría sirva para que atiendan a los 4 compañeros, y sino pues contar con mi apoyo si vais a la prensa, para decirles lo que hay.

    A ver que nos cuenta estos días Jaime, el corredor de seguros. Estamos en contacto

    ResponderEliminar
  7. Na reunión de onte houbo un troco importante da posición de Vigoenxogo, xa que pasamos de que nos dixeran que era in problema individual e que cada un debía denunciar a apoiarnos como un conflicto colectivo coa correduría e a liga detrás.

    Agora o primeiro é que a aseguradora SURNE denegue a atención por escrito para logo denunciar. En moitos casos as aseguradoras ao pedirlle a denegación da atención por escrito retráctanse e fanse cargo das operacións e tratamentos...

    Imos esperar a ver que pasa a semana que vén.

    Entrementres falouse co Faro de Vigo e nestes días sairá algo porque este seguro SURNE dá "cobertura" aos xogadores doutras ligas coma metropolitana,etc, ademáis da nosa, e a xente ten que saber a que se arrisca con esta aseguradora. Non queremos que máis compañeiros pasen por este calvario.

    ResponderEliminar
  8. http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2017/02/23/paron-futbolistico-regates-seguro-medico/1628779.html

    ResponderEliminar
  9. http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2017/02/23/paron-futbolistico-regates-seguro-medico/1628779.html#

    ResponderEliminar
  10. Esta é a noticia saída no día de hoxe no FARO DE VIGO sobre os 4 compañeiros lesionados e non atendidos da liga Vigoenxogo: 2 do Atlético Fragoso de 1ª división honra, 1 do DICONS de 2ª senior, ambos de fútbol-7, e outro da librería HOLLANDIA DE FUTBOL SALA

    ResponderEliminar
  11. Aquí déixovos a entrevista de radio nova sobre este caso:
    https://www.ivoox.com/samuel-presidente-do-atletico-fragoso-mundo-deportivo-audios-mp3_rf_17209530_1.html

    ResponderEliminar
  12. Estamos xuntando xa números de delegados de fútbol-7 e fútbol sala para comezar a organizarnos de cara a unha actuación conxunta. Quen non queira deixar o seu número de teléfono aquí, pode facelo en atleticofragoso@outlook.es

    ResponderEliminar

Grazas polos seus comentarios, por favor sexa respetuoso.