15 jul 2013

XA É OFICIAL!!!

O equipo negriceleste presentou onte as súas novas incorporacións de cara a vindeira temporada, que non son outros que Chino, Zambro, Moure e Pepe.
Destas incorporacións podemos dicir que son caras coñecidas, xa que Chino e Pepe militaron no clube durante varias temporadas, Moure xogou media temporada e Zambro ten vestido a elástica celeste nalgún torneo. De feito xa coincidiron os catro xogando no ATLÉTICO FRAGOSO no torneo disputado no campo do CHOCO.
Deles, foi Pepe o que máis temporadas xogou no clube (2 en 3ª, 1 en 2ª e 2 en 1ª), sendo o máximo artilleiro na súa primeira temporada e un baluarte importante en todos os éxitos do clube. Ademáis, na retina de todos os afecionadas fica na memoria un dos goles máis importantes da historia do clube, o que deu o ascenso a segunda, así como as súas asistencias nos que deron o ansiado ascenso a primeira.
Chino disputou 1 temporada en 3ª, 1 temporada en 2ª e 1 temporada en 1ª, a da permanencia, o cal, salienta a importancia deste xogador nas temporadas que militou no clube, no que el só era medio equipo. Na segunda temporada acadou o campionato de primeira sendo o menos goleado da liga.
O xogador declarou, despois da presentación: "Esta sempre foi a miña casa, e quero voltar a gañar títulos con este clube, sei que a competencia polo posto é grande pero vou traballar duro para amosarlle ao míster que pode contar comigo"
Moure xogou media temporada en primeira despois de chegar no mercado de inverno para acadar o obxectivo da permanencia, obxectivo ao que contribuiu notabelmente ficando como máximo artilleiro do equipo pese a perderse varios encontros da segunda volta por lesión.
O xogador laconícamente declarou: "Veño para triunfar"
Zambro, ao igual que os anteriores, vèn do Coia, onde destacou pola súa forza e calidade tanto en labores defensivas coma ofensivas. Acaba de proclamarse campión do torneo disputado en Samil esta semana de futboley e chega como un dos xogadores máis polivalentes cos que pode contar o Míster.
O xogador visíbelmente emocionado declarou: "gañar ao futbolei é a repanocha pero vir ao AT. FRAGOSO é un soño cumprido. Precisaba dar este salto na miña carreira". Rematou o acto bicando o escudo e saudando á multitude alí reunida para velo de preto.
Así un dos emblemas do clube, Fran, reflexiona sobre estas fichaxes: "estes xogadores veñen a completar unha moi boa plantilla que con traballo e tesón acadará grandes resultados nesta vindeira temporada. Estou seguro delo" sentenciou.
Por último o presidente do clube manifestou que: "a plantilla está pechada, a cal é dunha calidade, física e técnica que moitos técnicos quererían para si. Pero sobre todo elo brilla a calidade humana, a cal representa o maior valor do clube". Tamén tivo tempo para recordar a Jesús, o cal, marcha para probar sorte no fútbol sala, do cal dixo: "Pese a non ver recompensado o seu gran traballo con ningún éxito deportivo neste clube o seu nome figura como un dos grandes xogadores da historia do mesmo e ten as portas para voltar cando queira"

1 comentario:

Grazas polos seus comentarios, por favor sexa respetuoso.