20 may 2013

Repaso ás últimas xornadas!!!

Pois como non puiden atender ao blog nas derradeiras xornadas vou repasar as mesmas dun xeito rápido:

Caf.Reca-A.F. 7 - Bar Los Celtas 3
O equipo comezou medio dormido, o cal, aproveitou o rival para poñerse cun 0 a 2 no marcador, así o Reca espabilou e foise arriba, as ocasións chegaron pero despois de marrar varias o gol chegou. Con este resultado os locais fóronse arriba e as ocasións seguiron chegando máis antes de chegar ao tempo de lecer o  que marcaría serían os verdibrancos que deixarían o resultado ao descanso en 1 a 3.
A segunda parte os celestes saíron a presionar, conseguindo que o rival non inquedara a portería propia, ademáis de conseguir un parcial de 6 a 0 que deixaría o resultado final de 7 a 3.

Bar Señor 1 - Caf.RECA-A.F. 1

Era o día da nai, mediodía, facía calor e, sobre todo, había moitísimas baixas, con isto o rival saíu a meterse atrás e a saír á contra, quitando o inicio do partido, no que saíron máis enchufados. Pero do resto o partido foi celeste de cabo a rabo, pero non era o dia do RECA, todas as ocasións ían ao boneco ou por fóra, ademáis dalgunha boa intervención do seu cancerbeiro. Jesús despois dunha boa xogada en solitario dentro do área marcou un golazo e na segunda parte o Bar Señor recuperou un balón no medio do campo e tras unha rápida contra marcaron o empate co que se chegaría ao fin do partido.

Caf.RECA-A.F. 3 - Bautista Administradores 1

Partido co sol pegando duramente, ante un rival que pola súa posición na clasificación convidaba a pensar nun partido doado e solucionado pola vía rápida, sobre todo porque xogaron todo o partido con 6. Pois lonxe disto o partido estivo complicado para as intereses locais, que ainda que ao descanso foron cun resultado de 1 a 0, o Bautista estivo ben pechado atrás, sen conceder ocasións craras e con boas contras. Así na segunda parte collérennos nunha contra e provocaron unha falta ao borde do área, da que sacarían petróleo e non de disparo directo senón de xogada ensaiada, así acadarían o empate a uns co que se estaría boa parte da segunda parte. A partires de aí o partido foise tensionando e co resultado de 2 a 1 a favor dos celestes un cobadazo dun xogador do equipo visitante rematou co nariz daquel ensanguentado e cun barullo que remataría co agresor e agredido expulsados. Así cun 6 para 5 chegaría o terceiro e derradeiro gol dos celestes ante un rival que fixo un traballo moi serio para as circunstancias que tiñan.

La Cabaña 2 - Caf. RECA-A.F. 5

Partido moi serio o realizado polo equipo de Fragoso, o cal, necesitado de vitorias ante rivais importantes para alimentar o seu orgullo ferido por unha moi mala primeira volta, deu todo unha vez máis para levarse os tres puntos. Así foi un partido con alternativas nas que o equipo, onte visitante, conseguiu neutralizar os seus mellores xogadores a base de tenacidade, concentración, solidariedade e colocación. Así os celestes pronto comezaron a chegar con perigo, ainda que o primeiro gol dos celestes foi en propia porta a saque dende o curruncho. Logo, os locais volcados no área celeste acadaron o empate ante a necesidade pola pelexa polo ascenso. Os celestes voltarían marcar antes do descanso, deixando o 1 a 2 como resultado para o tempo de lecer.
Así a segunda parte comezou coa mesma intensidade que a primeira, e nunha desas alternativas os locais acadarían empatar a douses. A partires de aí o encontro foi caendo do lado celeste que ante un rival desquiciado comezou a aproveitar as súas ocasións, así coma os erros rivais. Así chegaríase ao final co resultado de 2 a 5.

Con estes resultados e cos dos rivais a pelexa pola cuarta praza aprétase e a ver se en rio revolto pescamos algo e podemos lavar a cara. A cousa está complicada porque o outro favorito polo ascenso, a comezos de temporada, e que fixo unha mala primeira volta, pois, ao igual ca nós, está a facer unha moi boa segunda parte da temporada. Este non é outro que o Estrellas Rojas que o ten mellor ca nós porque lle quedan 3 partidos e a nós 2, ademáis de que nós saca 1 punto. Veremos en que acaba a cousa!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Grazas polos seus comentarios, por favor sexa respetuoso.