16 oct 2014

Subcampións do Memorial D&M e comezo de liga

Pois despois de rematar a liga coma campións e ser eliminadoa na Copa de Campións por 3 a 2 en primeira rolda non puidemos sacarnos ese mal sabor de boca no Memorial organizado polos compañeiros do Estrellas Rojas, subcampións de liga. Despois de non perder ningún partido e cun só empate acadamos chegar á final despois de eliminar ao Estrellas con maior facilidade da esperada,despois de non conseguir dobregalos en liga en ningún dos dous encontros. Na final atopámonos ao noso primeiro rival ao que derrotaramos por goleada, máis desta volta puxéronnos máis problemas, rematando a douses un encontro onde merecemos máis,pese a ir sempre por detrás no marcador, xa que a naior parte das ocasións foron nosas e o primeiro gol deles foi un agasallo defensivo noso e o segundo un gol dende o meduocampo que poucas veces acostunanos a ver. Total, co empate a dous fómonos aos penaltis sobre unha tanda a tres disparos novque erramos o primeiro e perdemos 3 a 2, perdendo así a segunda final de catro desputadas. O verán continuou e os nosos xogadores máis novos decidiron marchar, co que se truncou, de novo, o soño de ter un equipo competitivo para quedar no máis alto como cando competiamos en primeira junior. Así decidiuse pasar a veteráns para poder desfrutar dos horarios de domingos á mañá e ver a posibilidade de se os máis vellos acadamos algún èxito deportivo. Imos ver que pasa!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Grazas polos seus comentarios, por favor sexa respetuoso.