10 jun 2014
Os Pepes 2 - M.A.Lareo Ost.-A.F. 1
Último partido de liga onde só quedaba en xogo o título de máximo goleador, o equipo mermado polas baixas ainda que con talento de sobra para acadar ambos obxectivos, a derradeira vitoria da temporada e o trofeo pichichi.
O equipo saíu pouco metido no encontro e pagouno ante un equipo como os Pepes que ainda que estaban xustos puxeron moitas gañas. Así o rival moi ben organizado atrás comezou o encontro chegando á meta celeste con máis perigo marcando pronto o primeiro tanto, ainda que con algo de axuda. Pouco despois o infortunio cebouse cos do Fragoso ao despexar forte un balón un xogador celeste e petar nas costas doutro compañeiro, introducíndose así o balón na meta visitante.
O equipo con orgullo botouse para arriba, sendo unha constante o asedio celeste con algunha contra dos pistacho pero os locais estaban moi ben colocados e os visitantes moi fallóns, xa que numerosos disparos remataron no porteiro, fóra por pouco e nos paus. Así o Lareo Osteopatía acadou un gol de forte disparo dende fóra do area ao final da primeira parte pero o marcador xa non se movería, tendo ao final os vencedores do encontro algunha ocasión crara para ampliar distancias.
O equipo non acadaría meter máis goles polo que perdería ambos obxectivos, puidendo chorar agora os dous tantos de diferenza que a expulsión do Terranova e Sen Fronteiras provocaron, pero, desgrazadamente consecuencias peores podería haber, cousa que saben ben os nosos rivais para este trofeo, que xa perderon un ascenso por perder puntos ao botar a algún equipo... por elo PARABÉNS ao Estrellas Rojas polo seu ascenso e polo torneo de máximos goleadores, o cal ratifica un clásico: o 1º é o menos goleado e o 2º o máximo goleador.
AGORA CHAMPIÓNS LEAGUE!!!!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Grazas polos seus comentarios, por favor sexa respetuoso.