25 oct 2014
M.A.Lareo Ost.-A.F. 3-La Barraca 3
Encontro, en xeral, moi similar ao anterior,con moitas ocasións marradas e 5 minutos de despiste,ao que hai que engadir unha segunda parte moi tensa por mor da dialectica utilizada polos da barraca.
O partido comezou do peor xeito posíbel, nada máis comezar o encontro unha falta botada dende o lareral do medio do campo rematou directamente nas mallas dos celestes, pois a falta do noso cancerbeiro pasou factura en primeira instancia. Pero na seguinte ocasión, un balón cruzado dende a banda dereita è rematada de primeiras e en vaselina porJorge acadando un autèntico golazo. Máis, pouco despois, o nosp circunstancial porteiro faría unha boa parada ao resolver un man a man nunha contra dos rivais. A partires de aí as ocasións só caían do lado celeste pero o marcador non se movería ata o descanso.
Así na segunda parte comezaría con grandes ocasións,acadando poñerse por diante o equipo celeste despous dun saque de banda que remataría magníficamente Viñas. Pouco despois nun par de despistes chegarían os goles rivais. Polo que tocaba remar, así Jesús de explendida xogada persoal enmendaría o penalti e un remate a porta baleira marrados acadando o empate a tres. O partido non daría para máis porque o árbitro, perfecto ata o momento, nunha falta a favor obstaculizada polos rivais arranxouno con dúas tarxetas amarelas,premiando ao infractor en primeira instancia, e en segunda, xa que as protestas deron coa segunda tarxeta amarela para o noso compañeiro. A tensiòn do resultado máis a mala dialèctica dalgúns menbros da barraca farían que pouco máis se xogara. Con todo teriamos a derradeira ocasión nunha falta botafa por Jorge que a piques se lle escapa ao cancerbeiro rival.
Goles de Jorge, Viñas e Jesús.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Grazas polos seus comentarios, por favor sexa respetuoso.