16 may 2014
Estrellas Rojas 1 - M.A.Lareo Ost.A.F. 1
Partido por todo o alto onde o equipo celeste xogábase finiquitar a liga ou complicala, e o Estrellas Rojas manter a segunda posición, despois dos derradeiros tropezos, que fixeron que o Montecastelo empatara con eles a puntos.
O equipo celeste saíu moi ben plantado no partido e pronto comezou a inquedar a portería vermella, así cun xogo moi sobrio e práctico culminaría este dominio inicial cun tanto que os poría en vantaxe ata case o final do partido.
Obrigados polo resultado o Estrellas comezou pouco a pouco a levar o peso do encontro, acadando maior posesión do balón aínda que con pouco perigo. Así despois do tempo de lecer o partido seguiría coa mesma tónica, ainda que coas ocasións máis craras do lado celeste que con espléndidas contras sembraban de dúbidas á retagarda vermellona, máis un mal rexeite posibilitaría que dende a frontal e libre de marca dispara coa portería franca acadando así o empate co que, finalmente, se chegaría ao final do encontro.
Máis antes de rematar, o dianteiro celeste, que posúe a maior marca anotadora do equipo nunha mesma temporada, Moure, con máis de 30 goles no seu haber, erraría un par de ocasións francas das que nos ten pouco acostumados a errar, propiciados polos nervos da portería vermella.
Con todo, o empate sería positiva para os intereses celestes que acadarían manter a distanza co segundo clasificado, agora dous despois da vitoria do Montecastelo.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Grazas polos seus comentarios, por favor sexa respetuoso.