16 may 2014

Breogán 5 - M.A.Lareo -A.F. 1

Coa vantaxe sobre o segundo de 10 minutos comezaba este partido, ademáis de con boa climatoloxía, etc pero no ambiente había moita relaxación que remataría coas nosas posibilidades de levarnos o partido. O Breogán comezou levando a iniciativa e apretando, ainda que as primeiras ocasións máis craras eran do Fragoso. Mediada a primeira parte caería o gol do Breogán polo que tocaba remar, máis cando os celestes reaccionaban abordando a portería rival os celestes fixeron un penalti absurdo nunha xogada que non tiña perigo algún e así chegaría o 2 a 0 para os locais. Con este resultado chegaríase ao descanso despois de desperdiciar varias ocasións. A segunda parte o equipo comezou apretando para remontar como noutras ocasións o partido máis este partido non estaba para gañalo, e pronto soubérono os celestes, xa que despois de desperdiciar algunhas ocasións, un par de perdas de balón no centro do campo remataron con dous impresionantes disparos dende o medio campo que remataron en sendos goles. Co 4 a 0 só quedaba maquillar o resultado e, así foi, co 5 a 1 remataríase o partido, ou o que é o mesmo cun duro resultado para afrontar o enfrontamento cun rival directo polo ascenso e liga.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Grazas polos seus comentarios, por favor sexa respetuoso.