Pois unha vez máis e como vén sendo costume este ano, fomos xustos a xogar, e todo, contando cun servidor, que apenas pode con el, e grazas a que veu un dos nosos xogadores a dar un troco, pese a estar fodido dun xeonllo, o cal marcou dous tantos, dito sexa de paso, un deles un golazo.
O partido comezou ao trote sin que ningún dos dous tivese grandes ocasións do gol, aínda que nós refusamos a ter o balón e eles movíano con comodidade. Máis a nosa sorte pronto trocou e os Pepes sen grandes alardes rematarían a primeira parte cun 3 a 0 a favor deles.
Así no tempo de lecer o equipo conxurouse para no caso de caer facelo con dignidade e así saíu o equipo a presionar. Por elo comezaron a chegar as ocasións, máis unhas veces o porteiro, outras a mala fortuna e outras a defensa ían desbaratando as nosas ocasións. Máis no decorrer do partido ao final chegou o noso gol, obra de Isaac. Pero logo chegou a contestación dos Pepes que voltaron meter terra de por medio marcando o cuarto gol para a súa conta. Os celestes lonxe de virse abaixo continuaron presionando e pelexando e acadaron dous goles máis, o primeiro de craro penalti e segundo un tanto espectacular dende a banda dereito que entrou por toda a escadra contraria, ambos goles obra do mancado Nacho. O equipo celeste logrou meter ao equipo pistacho no seu área e tivo a derradeira oportunidade cun lanzamento de falta o borde do área, máis non puido ser e rematou o partido co xa consabido 4 a 3 que afasta ao RECA de pelexar polos postos nobres da clasificación ante un rival dereito para estes efectos.
A seguir déixovos os resultados da xornada:
E a clasificación da xornada 20ª:
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Grazas polos seus comentarios, por favor sexa respetuoso.