6 oct 2012

ESTRELLAS ROJAS 2 - CAF.RECA-A.F. 3

Pois o partido xogado o sábado ás 15h decantouse do lado celeste con goles de Jesús, Prieto e Isaac. Foi un partido moi igualado, como demostra o marcador, onde a alternativa foi constante, máis pouco a pouco fomos facéndonos co dominio, e sobre todo, nos intres finais, cando as forzas comezaron a flaquear a nosa maior efectividade decantou o partido.
O equipo comezou un tanto expectante, defendendo dun xeito moi serio e oferecendo moi poucos hocos ao rival, de xeito que puidesen combinar o menos posíbel, así pouco a pouco fomos obrigandoos a utilizar desprazamentos lonxanos, que ainda que eran máis doados de defender, crearonnos bastantes problemas.
Nestes intres iniciais de maior agobio unha contra ben levada por banda esquerda rematou cun balón solto no área que Jesús ben colocado enviou ao fondo da rede. A partires deste intre, os visitantes colleron maior confianza e a alternativa comezou a ser constante, así ata que cun córner ben botado acadaron os locais o empate, afondando así nun dos maiores problemas dos de Fragoso, a defensa das xogadas a balón parado. Así co resultado de un a un chegouse ao tempo de lecer.
Na segunda parte os do RECA, saíron mellor plantados no terreo de xogo, ainda que a primeira ocasión sería para os vermellos, pero as ocasións comezaban a caer do lado celeste ata que case ao final do partido Prieto e Isaac marcarían os gales que case sentenciarían o partido grazas a senllas asistencias do que se convertería no revulsivo do partido, Kabe. Así é todo o equipo medio relaxouse e os vermellos que non entregan un partido ata ao final acadarían un gol que metería o medo no corpo dos visitantes que conseguiron aguantar o resultado ata ao final.

A seguir deixovos o videoresumo do encontro:




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Grazas polos seus comentarios, por favor sexa respetuoso.