5 oct 2012

COMEZA DE NOVO A LIGA!!!!!

Este sábado comeza a liga despois dun mal ano, onde se colleitou o primeiro descenso do equipo dende que se fundou en 1997, e unha discreta participación no Memorial D&M no que non pasamos de cuartos. E comeza precisamente cun rival ao que lle temos moito afecto; primeiro, por ser un rival histórico co que levamos moitas temporadas enfrontándonos en diversas categorías e, segundo, por ser os anfitrións de dito Memorial, o que nos levan convidando ás últimas cinco edicións. Ademáis, habería que engadir que nos enfrontamos en numerosas ocasións en amigábeis...

Con todo, serán tres puntos en xogo para o que debería ser un loita polos postos de arriba, máis somos conscientes que á súa boa base se lle implementaron boas incorporacións o que lles fará estar arriba con total seguridade; entrementres ca nós comezamos con certas dúbidas, xa que a crise non só non nos permitiu traer reforzos, senón que, ademáis, perdemos dous xogadores históricos, un fundador e un que levaba connosco cinco temporadas, ambas pezas importantes no noso clube. Alberto e Jorge (Pepe), esperemos sexa un ata logo e non un adeus... No noso haber podemos dicir que temos xente veterán, moi acostumada a competir e que se atopa nunha segunda xuventude e que esperemos poida levar ao equipo ao máis alto.

A seguir vou poñer un deses gloriosos partidos nos que nos disputabamos os primeiros postos, fai catro temporadas, na que nós ascendemos como segundos....Tamén serve de homenaxe para Alberto e Pepe, xa que foron claves neste partido. En canto ao video podemos dicir que foi toda unha innovación na filmografía da vigoenxogo ao ser un partido narrado polo noso canal AFTV...

o

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Grazas polos seus comentarios, por favor sexa respetuoso.