23 ene 2012

Vitoria cómoda ante o colista, ainda que máis abultada do merecido!

Caf.RECA-A.F. 5 - Cuca 2

Os goles do Caf.RECA-A.F foron a cargo de Álex, o xogador máis en forma dos últimos tempos, o cal marcou os 2 primeiros; Cabe marcou 1 gol, o terceiro; Prieto marcou o 4º e Jorge o 5º.

O partido comezou cun 3 a 0 a favor nosa en moi pouco tempo. Logo a relaxación fixo mello e o perigo comezou a chegar polo seu xogador máis incisivo, o número 12, que creou moito perigo e deu moitas asistencias que remataron milagreiramente fóra. Así ao final da primeira parte marcaron e erraron dúas ocasións crarísimas. A primeira parte chegou, entón, ao final co resultado de 3 a 1 a favor do RECA.
A segunda parte, foi unha alternativa constante dunha portería a outra na que os nervos dos celestes fixeron que os do Cuca viran craro que podían, cando menos, empatar o partido. Pero, con todo chegaron os dous goles do Reca que sentenciaban o partido. Na metade da segunda parte o noso porteiro racharía as fibras do xemelgo esquerdo polo que será baixa durante mínimo un mes. A segunda parte rematou co resultado de 5 a 2, o cal, deixanos momentaneamente nunha situación cómoda na metade da táboa.

RESULTADOS:
TRANQUI MACIN 1 -FISIOTERAPIA S. LAZARO 3
ATLETICO TACTEKA 2 - FERRET.COSTA VIDAL IMPERM 4
CAF. CARACAS MIRMIDONES 2 - ESTABILIZA 3
CAF. MOMPER LOFT 1 - EL BAR DE BOU 4
CAF.RECA- ATL. FRAGOSO 5 - CUCA 2
CAFE BAR VARILLAS 1 - COMERCIAL BASTOS 4
CLINICA LUIS VILAS 1 -COIA PEL. VANESMA 2

A noticia é que se ben a liga está apretada por abaixo para unha praza do descenso, a partires desta xornada tamén se apreta por arriba polo liderado. Imos ver como remata a primeira volta!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Grazas polos seus comentarios, por favor sexa respetuoso.