26 ene 2012

O BAR DE BOU 3 - Caf.RECA-A.F. 2

Pois como di o outro: O FÚTBOL É ASÍ! Partido onde cometemos dous erros que nos custaron sendos goles nada máis comezar e a partires de aí o partido foi noso de principio a fin só inquedados polas contras dos de BOU. Fallamos todo canto tivemos, que foron moitas, e, ademáis, de empurrar case todas pero entre o porteiro e o imán que había fóra que se levaba todos os balóns non houbo xeito!
Con 2 a 1 rematou a primeira parte, onde xa erraramos o indecíbel, pero na segunda parte foi peor e, curiosamente, fomos marcar de falta. Co 2 a 2 as ocasións seguiron caendo do lado celeste ainda que cada vez as contras vermellas tiñan máis perigo. Así no último minuto erramos unha contra de catro contra dous e á xogada seguinte dunha xogada deles remata en córner. Pois sacan o córner e nun erro de marca noso remata un home deles de cabeza o seu terceiro tanto, e a continuación o árbitro pita o final.
Polo demáis, sabemos que o Bastos gañou a Cl.Vilas e o Estabiliza gañou á Momper. Polo que, a falta do resto de resultados, a Momper e o Reca baixan un posto en favor do Bar de Bou, agora con 18 puntos.

Horario da 13ª xornada:
COMERCIAL BASTOS - CLINICA LUIS VILAS en Samil-2 o 29/01/2012 ás 14:00h
CUCA - CAFE BAR VARILLAS en Samil-2 o 29/01/2012 ás 18:00h
EL BAR DE BOU - CAF.RECA- ATL. FRAGOSO en Samil-2 o 29/01/2012 ás 15:00h
ESTABILIZA - CAF. MOMPER LOFT en Samil-2 o 29/01/2012 ás 16:00h
FERRET.COSTA VIDAL IMPERM - CAF. CARACAS MIRMIDONES en Samil-2 o 29/01/2012 ás 19:00h
FISIOTERAPIA S. LAZARO - ATLETICO TACTEKA en Samil-1 o 29/01/2012 ás 14:00h
NEUMATICOS RODALCO - TRANQUI MACIN en Samil-2 o 29/01/2012 ás 17:00h

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Grazas polos seus comentarios, por favor sexa respetuoso.