5 dic 2011

Cl.L.Vilas - Caf.RECA-A.F SUSPENDIDO

Como explico na crónica anterior, o partido entre a Clínica Luis Vilas e o Cafetaría RECA-A.F. foi suspendido cando discorría o minuto dous da segunda parte por un apagón de luz no municipal de Navia. O mesmo tiña o resultado de empate a dous.

En breve poremos imaxes desta primeira parte.

A seguir poño os resultados da xornada novena onde destaca a primeira vitoria do Cuca ante un histórico da competición como é o At.Tacteka, que este ano está sendo moi irregular, ao igual que moitos dos equipos denominados "grandes". Por outra banda, o Tanqui Macin segue firme á fronte da competición e non semella atopar rival que lle faga fronte.
RESULTADOS:

COIA PEL. VANESMA 2 - CAF. MOMPER LOFT 2
COMERCIAL BASTOS 5 - CAF. CARACAS MIRMIDONES 4
CUCA 7 - ATLETICO TACTEKA 4
EL BAR DE BOU 1 - TANQUI MACIN 9
ESTABILIZA 5 - NEUMATICOS RODALCO 1
FERRET.COSTA VIDAL IMPERM 3 - FISIOTERAPIA S. LAZARO 6

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Grazas polos seus comentarios, por favor sexa respetuoso.