Partido suspendido ao inicio da segunda parte por apagarse as luces do campo de Navia. Nese intre o partido ía empatado a douses. Os goles do Caf.RECA-A.F. foron a cargo de Isaac e Jorge de falta.
O partido foi moi disputado con moito xogo de medio campo e lixeiro dominio dos celestes que se adiantaron en dúas ocasións. O árbitro converteuse no protagonista ao pitar un rigoroso penalti a favor do RECA, transformado por Isaac co que se inaugurou o marcador; e logo, ao pitar un inexistente penalti sobre un xogador do Clínica Vilas, tamén transformado, o que puña as táboas no marcador. Ao final da primeira parte pese ao lixeiro dominio dos visitantes acadariamos marcar de falta ao borde da área, Jorge neste caso, pero pouco despois os locais acadarían empatar tras un mágnifico disparo directo dunha falta botada dende o medio do campo, o cal, entrou limpo na portería.
Nada máis comezar a segunda parte, no minuto dous concretamente, a luz foise, ante o cal, ao tardar algo máis de dez minutos en volver a luz o colexiado decretou o final do partido.
Solicitamos dende a nosa páxina que esta segunda parte se xogue antes ou despois dun partido.
Un novo enfrontamento ante un rival directo pola permanencia, separados só por un só punto.
Deixovos o video do enfrontamento contra eles da primeira volta do ano pasado.
(CORREXIDO O ERRO, AGORA SI É O VIDEO CORRESPONDENTE)
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Grazas polos seus comentarios, por favor sexa respetuoso.