24 jun 2010

Campo do Choco

Aquí vos deixo un mini mapa de como chegar ata o campo do Choco. Para chgar ata alí tedes que ir pola N-552 a que pasa por debaixo da ponte de Rande, o chegar o cruce con Redondela xirar a esquerda, e 200 metros mais adiante meterse antes dunha gasoliñeira a esquerda.

1 comentario:

  1. Papel moi digno o que fixemos no torneo caendo na primeira rolda ante o equipo dos organizadores, partido que merece un comentario aparte. Os resultados foron:
    1º partido: perdemos 2-0. Partido no que nos enfrontamos a un equipo moi bo, que supoño, gañaría o torneo. O máis destacado deles foi Iago Aspas que xogou 2 minutos.
    2º partido: gañamos 5-0. Rival que foi goleado polo resto de equipos de grupo.
    3º partido: gañamos a un duro rival que viña de empatar cos de Iago Aspas por 3-2. Neste partido marcamos tres golazos.
    PASAMOS COMO 2º de grupo e nos emparellaron cos 2º doutro grupo, un equipo formado por xuvenís do choco:
    O partido comezou con tensión e o árbitro en 3 minutos condicinou o partido con dúas tarxetas moi rigurosas e, ao pouco, coa expulsión, por dobre tarxeta amarela e tamén moi rigorosa, a un das nosas pezas chave, Prieto. Con todo, adiantámonos no marcador, e co resultado de 1-0 fomos ao descanso. Nesta primeira parte o equipo tivo ocasións importantes, unha delas un penalti non asubiado sobre o noso dianteiro, na que o árbitro indicou falta en ataque. Así mesmo, os contactos segundo a quen favorecesen asubiábaos ou non, polo que as protestas foron constantes e airadas e GAÑANDO NÓS!!!
    A segunda parte comezaría co empate deles e, ao pouco, voltamos marcar e a medida que a tensión polas decisións arbitrais foinos descentrando, os erros defensivos medraron e en dúas xogadas sen aparente perigo, chegaron os seus dous goles.
    A partires de aí, os balóns saían e os recollepelotas non devolvían balóns e os despropósitos arbitrais medraban, así un durísima entrada ao noso extremo a altura do nocello saldouse cunha amarela nada máis, o mesmo castigo que levaron algúns xogadores nosos por pequenos agarróns ou cargas... Aínda así as ocasións seguían caendo do noso lado, máis a falta de cabeza facía que en lugar de pasar aos desmarcados que só tiñan que empurrar balón, nos levaran a elexir unha e outra vez a xogada individual.
    Con todo chegouse ao final, nas que as protestas medraron cara os organizadores pola crara axuda obtida polos seus pupilos... pero, craro, protestabamos porque perderamos!!! Logo, ducha con auga fría, o cal, parécenos moita casualidade, pero bueno, pode ser que o calentador do noso vestiario avaríarase.

    En fin, gran preparación de cara o ano que vén de cara ao noso regreso á primeira división.

    ResponderEliminar

Grazas polos seus comentarios, por favor sexa respetuoso.