16 may 2014
A PRIMEIRA!!!!!
M.A.Lareo Ost.-A.F. 5 - MOMO 3
Aquí podemos apreciar o nervosismo do equipo antes do partido!!!
O noso crack concentrado sabéndose importante nunha cita tan importante!
O atletico fragoso consegue o ascenso logo de remontar un 2-0 e rematar gañando por 5-3. Este resultado danos o salto de categoria pero ainda non a liga, xa que logo da victoria do estrellas fainos falta unha victoria máis.
Pois o partido viña precedido dun ambiente de euforía para celebrar algo que ainda non estaba conquerido, o ascenso. Así ante un rival complicado, o partido comezaba con alternativas en ambas porterías, máis o central celeste, ao que pouco despois emularía Sergio Ramos en Balaídos, esbaraba cando o dianteiro do Momo o encaraba na frontal do área, rematando a xogada tranquilamente ante a saída do porteiro. Pouco despois un barullo no área remata cun balón solto que con moita calidade resolve o dianteiro do equipo visitante. Co dous a cero as pantasmas do partido do Breogán sobrevoaban o ánimo dos do Fragoso, pero sen volverse tolos comezaron a levar as rendas do partido ata que de falta chegaría o 2 a 1. Pouco antes do descanso Moure, moi inspirado marcaría o seu segundo tanto de catro que faría en total.
Despois do descanso nada trocaría e pese a que o Momo axustaría máis as marcas en defensa e non concedía tantas ocasións chegaría o terceiro tanto, despois de que un bo pase fora aproveitado por Lareo que, xogando de costas, cubriría o balón para saír en carreira por banda dereita para rematar maxistralmente ante a saída do porteiro. Moure pouco despois marcaría o cuarto tanto que daría tranquilidade ao banquiño, máis o Momo tiraría de orgullo para marcar pouco antes do final do final o seu terceiro tanto, pero cando xa estaba todo rematando Moure acadaría o seu cuarto tanto, quinto do Lareo Osteopatía, para finiquitar o partido e, por tanto, o ascenso.
Noraboa equipo e agora a gozar.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Grazas polos seus comentarios, por favor sexa respetuoso.