16 feb 2014

Os Pepes-Calzados Galicia 2 - M.A.Lareo Ost.-A.F. 3

Partido que se presentaba cun horario e climatoloxía que convidaba a ficar na casa máis que a xogar ao fútbol, iso acompañado, unha vez máis e como vén sendo costume esta temporada, do campo de samil, no que o vento non axuda en nada a xogar. Con isto saíu encamiñado a tentar resolver en canto antes o partido e así foi como marchou ao descanso con 2 goles a favor e con innumerábeis ocasións erradas diante da portería contraría. Os Pepes nesta primeira parte non inquedaron a meta celeste. Despois do tempo de lecer a tónica non comezou a trocar ata que sobre o minuto dez o equipo comezou a irse ao ataque de xeito masivo sen replegar con orde, o que o equipo rival aproveitou para achegarse a nosa meta con máis perigo. Así ao cuarto de hora un centro lonxano dende un lateral que bota fóra da área, case na esquina, cando vai ser controlado co peito polo central celeste o vento, omnipresente en case que todo o partido, leva o balón ao brazo deste. O árbitro non dubida e sinala a pena máxima, a cal foi aproveitada polo equipo rival que con este tanto viríase arriba. A seguir o equipo rival comezou a achuchar e a chegar con moito máis perigo, se ben o Fragoso gozou tamén das súas ocasións para sentenzar. Así discorreu o partido ata que a falta de 4 minutos unha falta o borde do área, para nós pitada ao revés, xa que o dianteiro entrou coa prancha, e non a revés, foi transformada en gol ao pasar entre a barreira. Co empate a 2 todo presaxiaba un mal final para a primeira volta debido ao seguro triunfo do Estrellas, o noso perseguidor, pero o equipo reaccionou e lonxe de precipitarse fixo unha longa e gran xogada combinativa que rematou co gol que nos deu a vitoria e o campionato de inverno. Este resultado dános o campionato de inverno e, ademáis, consegue abrir unha brecha maior co terceiro, xa a sete puntos, o cal mellora a nosa posición de cara ao ascenso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Grazas polos seus comentarios, por favor sexa respetuoso.