3 ene 2014
Estrellas 4 - M.A.Lareo-A.F. 1
Derrota sen paliativos. O domingo só houbo un equipo sobre o campo, o Estrellas, que hipermotivado por non quedar fóra dos postos de ascenso saíu a por todas. Presionou de inicio a fin, nun campo tan grande como o de Samil, sen reservar nada, e sobrepoñéndose a un gol celeste nunha xogada aillada moi ben levada e rematada por Lareo. Pero en poucos minutos, algo que comeza a ser habitual, un grave desaxuste defensivo permítelle aos colorados empatar e remontar o partido, deixando o resultado no tempo de lecer de 2 a 1.
O resultado foi o mellor, xa que os colorados gozaron de innumerábeis ocasións para levar un resultado máis amplo.
Sen embargo, o inicio da segunda parte foi moi bo para os celestes, que mellor colocados conseguiron asediar a portería rival pero entre a defensa e a mellor versión dun incomensúrabel Micky lograron empequenecer este breve dominio. E digo breve porque ao pouco de salvar estas ocasións acadaron meter o terceiro nunha boa contra. E co equipo celeste volcado en maquillar o encontro e enrabietado co árbitro por unha serie de accións que, ainda sen ser transcendentes, aumentaron o cabreo da impotencia, chegaría o cuarto para os vermellos. Tanto celebrado con gran xúbilo polos colorados e con adicatoría amorosa incluida.
Así remata o noso predominio sobre o Estrellas da última década en partido oficial e o noso liderado na actual liga, o cal podemos recuperar na vindeira xornada. Dende logo, a primeir batalla cun dos equipos de arriba perdémola, 3 puntos e posíbelmente a diferenza de goles. Desta derrota esperamos aprender para non vernos sorprendidos, de novo.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Grazas polos seus comentarios, por favor sexa respetuoso.