18 abr 2013

Caf.RECA-A.F. 4 - Antroido 1

Pois, desta ocasión non fomos todos, só faltou un!!! cousa pouco habitual este ano, o cal, fai subir moitos enteiros ao equipo. Así ante o lider da categoría fixo un partido case perfecto que lembran aos tempos nos que fomos campións de segunda.
O partido comezou coa seriedade que caracteriza a un partido que enfronta a dous rivais de gran envergadura, un que o está a demostrar e outro que o foi e quere voltar a selo.Así o equipo, despois do tanteo inicial, conseguiu que o equipo rival apenas tirara e entre os dous paus en dúas ocasións en todo o partido, polo que o traballo defensivo podemos tachalo de perfecto. Se a isto lle engadimos unha boa presión, unha moi boa combinación e unha grandísima definición podemos dicir que o partido rozou o 10.
A parte mala foi a expulsión aos 5 minutos de Prieto por dobre amarela, por dicir, despois doutras faltas que  non foran: "¡Non foi falta!". A todo isto o rival protestou máis e dun xeito bastante máis airado en todo o partido e non viron tarxeta por elo.... ademáis, houbo un gol mal anulado ao noso favor no que pitou xogo perigoso cando despois dun duro disparo o porteiro non acada bloquear o balón e o noso xogador chega antes e rematando co empeine, o árbitro dende o medio do campo entendeu que golpeara coa plantilla.... Non se pode pitar dende tan lonxe algo, amigo!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Grazas polos seus comentarios, por favor sexa respetuoso.