25 feb 2013

O A.F. PARECE QUE DESPEGA, 2ª VITORIA CONSECUTIVA!!!



O partido xogado o sábado ás 21 horas cun frío de narices e no campo máis propicio para quedar sen balóns, Samil, deunos a segunda vitoria consecutiva e a cuarta vitoria da temporada, dando a casualidade que dúas vitorias das catro acadadas foron contra eles... Esta temporada para nòs, e como xa teño comentado é unha temporada rara, non podo dicir que esteamos inmerecidamente na posición que ocupamos porque unha liga é unha competición a regularidade, pero si hai que dicir, que perdemos dous partidos por máis de un gol, e tanto nos partidos que perdemos por un gol (os catro restantes) como nos empatados (cinco), perdemos os puntos nos cinco derradeiros minutos, menos un empate que foi á inversa, é dicir, empatamos nós.

Pois nesta situación, coa presión do descenso conseguimos mellorar o noso xogo, aínda que a ansiedade fainos pasar malos ratos. O partido comezou con máis trocos do habitual, quizáis un bo presaxio, que nos levarían a coller o balón e tentar levar a iniciativa, pero o Estrellas quería continuar coa súa boa xeira de resultados e non nos permitía chegar con demasiado perigo, saíndo en contras rápidas pero sen perigo. Así, despois dunhas boas combinacións do equipo celeste remataría Lareo dende a frontal  do área e con axuda de Michy, o cancerbeiro do Estrellas, poría o primeiro tanto no marcador. A partires de aí, os vermellos empurraron máis e o Reca saía á contra, máis con pouca puntería, e así unha perda de balón preto do área do Fragoso e unha rápida combinación do Estrellas deixaría o balón franco na frontal para que rematara con  boa colocación o balón no fondo das mallas. Co resultado en táboas o partido comezou a ser de ida e volta e nunha contra ben levada pola banda esquerda do noso ataque acaba nas botas de Prieto que empurra a pracer no segundo pau. Con este resultado de 2 a 1 chegariamos ao tempo de lecer.

A segunda parte comezou co equipo celeste mellor plantado e ao pouco do comezo unha boa xogada levaría a César a marcar o terceiro tanto para o RECA, tras definir con calidade un balón en profundidade de Álex. Así o que escribe tivo que ir buscar un balón que corría presto a darse un baño nas xélidas augas da ría, cousa que acadaría, polo que non puiden ver o tanto, aínda que o escoitei. Por tanto, segundo comentarios sei que foi un balón colgado que rematou impecablemente un xogador branquivermello. Con este resultado o partido volveuse de ida e volta pero o Atlético Fragoso lonxe de pensar nas pantasmas de moitos dos partidos desta liga fixo un partido moi serio en defensa, sen renunciar ao ataque. O caso que a presión da contra atrás do reloxo comezou a endurecer o partido, sumado a algunha decisión polémica do árbitro, que no conxunto do partido estivo ben,  levou a perder un xogador ao equipo celeste por segunda amarela e a algún que outro encontronazo impropio de dous equipos que se respetan e comparten unha sá rivalidade. O caso é que estes pequenos incidentes pararon o partido e beneficiaron ao noso equipo que, co Estrellas descentrado e volcado sobre a nosa portería con máis corazón que cabeza, recibiriía o cuarto e definitivo tanto no seu marco, obra de Lareo que voltaría acadar un dobrete.

Este resultado afástanos un pouco máis do descenso e agrúpanos cos que pelexan coa metade da táboa. A seguir presento os resultados da xornada, que dá a sorpresa da derrota do lider, apretando máis a cabeza:

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Grazas polos seus comentarios, por favor sexa respetuoso.