3 dic 2012

Un pouco máis tocados!!!




PINTAN TAPAS 2 - CAF.RECA-A.F. 2

Pois unha vez máis quedamos ás portas dunha vitoria, a cal, este ano está custando demasiado... Pese a estar a tarde fría, imprimimos dende o comezo un forte ritmo, conseguimos que o rival apenas inquedara a nosa meta e fabricamos numerosas ocasións. Así foi como no minuto 2 chegaría o primeiro gol para a conta do equipo celeste. Saque dende o recuncho á dereita do ataque celeste de César, que saca raso cara a frontal do área para que Prieto reciba e dispare cara o segundo pau. O equipo visitante sabía da necesidade de ampliar a vantaxe, dádo o sucedido nos encontros anteriores, así chegaron numerosas ocasións que o cancerbeiro local, nuns casos, solventaba con gran calidade e noutras as nosas imprecisións de cara a portería facían o resto. Pero como está sucedendo moito nesta temporada a primeira chegada da escadra local, que non foi outra cousa que unha xogada persoal na que este penetrou por banda ata a metade do campo visitante, recurtou cara dentro para, finalmente, tirar un disparo bastante brando e con algo de efecto que acaba entrando mansamente na nosa portería. Así, con tan pouca bagaxe os locais acadarían o empate a uns coa que se chegaría ao tempo de lecer, non sen ante o Reca desperdiciar novas ocasións.

A segunda parte comezou case coa mesma tónica que na primeira parte, máis os locais crearon algunha ocasión máis. O perigo seguía sendo dos do RECA que conseguirían o 2 a 1 de disparo lonxano de Isaac axustado á base do pau, unha das poucas ocasións que non podería sacar o porteiro local. Con todo, o equipo seguiría errando ou dando co muro do seu cancerbeiro, ata que unha xogada persoal dun xogador local conseguiu irse de dous coa sorte continuada dos rexeites que o favoreceron ata atoparse co porteiro visitante, que pouco puido facer ante o disparo colocado do mesmo. O RECA seguiu volcado máis co empate se chegaría ao final do encontro.

Os continuos empates avócannos a ocupar postos baixos da táboa, máis os resultados dos rivais apretan a clasificación, facendo que unha vitoria poida auparnos a postos máis honorábeis.

A seguir deixovos os resultados da xornada: 
Clasificación xornada 5ª:

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Grazas polos seus comentarios, por favor sexa respetuoso.