28 dic 2012

Nova derrota no derradeiro suspiro do encontro!!!

Cando un leva tantas derrotas o normal é preguntarse que está a facer mal pero visto os partidos.... é complicado cando marcas un gran número de goles, cando mandas en boa parte dos partidos, cando pelexas, cando dispós de moitas ocasións....
En fin, calquera das anteriores crónicas serviría para este partido, só que este comezou coa renda soñada en moitas ocasións para acadar a vitoria, que non é outra ca un dous a cero, tantos de Quique e Isaac. Na primeira parte o rival apenas inquedou, máis os celestes erraron e non pecharon o encontro, así o Bar Eladio  reduciría a vantaxe para rematar a primeira parte cun 1 a 2.
Na segunda parte, o At.Fragoso errou unha ocasión a portería baleira que suporía, polo menos, a tranquilidade momentánea pero non só non sería así, senón que ao pouco o Bar Eladio empataría e nunha boa contra adiantaríase no marcador. Os celestes, como é habitual este ano, botáronse para arriba, lonxe de virse abaixo, e acadaron o empate. Así no pouco tempo que remataba fóronse sobre a portería local para acadar a ansiada vitoria pero de poder marcar pasaron a perder na mesma xogada. O resultado, sen tempo para máis, xa non se movería, co resultado final de 4 a 3.
Este resultado afúndenos un pouco máis na clasificación pero seguiremos dando toda a loita que poidamos....


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Grazas polos seus comentarios, por favor sexa respetuoso.