Pois unha vez máis.... xogamos coma nunca e perdemos coma SEMPRE!!! Utilizando unha desas frases típicas do mundo do fútbol comezamos a crónica deste partido, o cal perdemos, como vén sendo costume, no derradeiro minuto por 6 a 5.
O partido comeza co lider mellor plantado no encontro e volcados sobre a portería celeste, máis a mellor ocasión sería para os do Fragoso, cando Jesús queda só ante a portería rival, despois dunha boa xogada, pero lle pega coa súa perna mala e o balón sae centrado, rematando nas mans do cancerbeiro. Así, despois de comezar a chegar a súa portería o RECA encaixa un gol un tanto peculiar: o Entroido saca de banda, deixan pasar un par de xogadores entre as pernas, ata que chega un rival que absolutamente libre de marca dispara a portería poñendo o 0 a 1 no marcador. O partido seguía sendo disputado pero ao pouco, un balón longo dos locais recolleo o noso porteiro que sendo presionado tenta canear ao dianteiro, o cal, rouba o balón e tira a portería baleira.poñendo o 0 a 2. Con este gol a ansiedade chega aos xogadores celestes que comezan a perder o balón con moita facilidade, así como a abusar da condución do balón. Ao pouco chegou o terceiro, despois dun bo disparo do noso rival que foi ao longueiro, cuxo rexeite rematou coa testa un dos do Entroido. Con este resultado de 0 a 3 chégase ao tempo de lecer.
Co resultado tan adverso e tan inxusto á vez comezou a segunda parte, co convencemento de pelexar para non saír goleados, así o equipo recuperou un balón sobre a liña de fondo e Jesús marcaría un dos seus 4 tantos, Ao pouco o porteiro empurra a un dos nosos xogadores sobre o área e o árbitro non dubida, penalti. Jesús volve transformar, así o marcador estaba no 2 a 3. A seguir Isaac dispara despois dunha recuperación no medio do campo e acaba o balón na base do pau, este rexeite colleo o equipo visitante que se planta rápidamente ao borde do noso área e cunha gran xogada induvidual dun dos seus xogadores, deixa a un xogador deles co balón diante do noso cancerbeiro que nada puido facer ante o disparo cruzado. Así do posíbel empate pasamos ao 2 a 4. Con todo, seguimos presionando e Jesús marcaría dous goles máis, o segundo destes, tamén, de penalti.Pero a ledicía durou pouco, nunha nova contra voltaron a marcar, para poñer o 4 a 5. Así, o equipo voltou a volcarse sobre a portería visitante, e Isaac, despois dunha recuperación no medio do campo, batía de disparo raso ao cancerbeiro visitante, deixando o que pensabamos final 5 a 5. Con isto, un córner a falta de dous minutos, botado dende a dereita do seu ataque, escápaselle ao noso cancerbeiro o balón e un xogador libre de marca anota o definitivo 5 a 6.


No hay comentarios:
Publicar un comentario
Grazas polos seus comentarios, por favor sexa respetuoso.