Caf.RECA-A.F. 2 - Os Pepes calzados Galicia 2
O novo proxecto 2012/13, cando acaba de comezar a liga, semella estar abocado a afundirse na clasificación porque pese a dar boa imaxe, marcar goles e levar a iniciativa en boa parte do partidos a nosa brandura en defensa estanos levando a perder moitos puntos, dez xa, case os puntos que un equipo que pelexa por obxectivos máis altos perdería en toda unha temporada. Con todo, ainda quedan moitos puntos por disputarse e o equipo dá boas sensacións, polo que de conseguir mellorar defensivamente, a bo seguro estará onde se merece.
Centrándonos no partido, o partido comezaba con malos presaxios por estar prácticamente xustos por lesións, tres, e por compromisos, ao que se lle engadiu que dous compañeiros chegaron tarde. Así comezamos o encontro con sete xogadores no campo e ningún troco. Isto obrigounos a comezar ben ordeadiños atrás, dosificando forzas e tocando tranquilamente para sacar o balón, así chegaron as nosas primeiras ocasións que servían de aviso. O equipo rival apenas conseguía inquedar o noso marco e despois dunha gran xogada na que participou case que todo o equipo, Lareo rematou de cabeza un balón longo dende a esquerda do ataque que de xeito impecábel entrou por toda a escadra. Así o equipo continuou ordeado pero coa psicoloxía do acontecido nos anteriores partidos, máis o rival apretaba pero seguía sen chegar con moito perigo, quitando algún bo disparo lonxano que o cancerbeiro local parou magníficamente. Máis o noso destino é de loitar todo o partido, e así nun córner botado ao segundo pau foi rematado impecabelmente por un xogador visitante, tamén de bo testarazo, que poría, de novo, as táboas no marcador. O defensor local pediría falta previa por empurrón no remate do dianteiro, máis o árbitro concedeu o tanto...
Os celestes lonxe de virse abaixo seguiron xogando e, así, chegaría o segundo tanto que voltaba adiantar aos locatarios, desta volta gol de Prieto, que moi atento empurrou o balón rexeitado polo porteiro despois dun bo disparo lonxano. Co 2 a 1 chegaríase ao descanso.
Na segunda parte o equipo visitante trocou de porteiro, o cal sería bastante decisivo na segunda parte e veu arriba a presionar. O partido abriuse e comezaron a chegar as oportunidades dos dous equipos, máis os celestes entre a falta de puntería e a boa actuación do porteiro visitante non acadaron asegurar o partido e, ao final pagáronno caro, así nunha boa xogada individual do mellor xogador deles conseguirían o empate que á postre foi definitivo.
A expensas dos resultados a nosa clasificación non ha de ser moi boa seguro, máis o equipo está anímicamente ben a bo seguro comezaremos a mellorar os resultados e con elo na táboa clasificatoria.
ÁNIMO!!!
Resultados xornada 5ª
Clasiificación xornada 4ª



No hay comentarios:
Publicar un comentario
Grazas polos seus comentarios, por favor sexa respetuoso.