Onte saímos coa ilusión de poder trocar a sorte do partido anterior no que pese a xogar ben saímos derrotados. Pois non só non puido ser senón que saímos goleados.
O partido comezou co equipo ben plantado no terreo de xogo e levando o peso do encontro ainda que co rival amosando as súas armas, balóns longos e contraataques rápidos cuns puntas moi rápidos. Así chegaría o primeiro gol celeste, despois dunha xogada moi elaborada que remata en liña de gol o noso extremo Jorge Hernández. Máis a ledicia durou pouco xa que ao minuto seguinte empataron os rivais e co equipo descentrado con tan rápido golpe en pouco tempo os vermellos aumentaron a súa vantaxe ata o 3 a 1 co que se chegaría ao descanso.
Á volta do descanso os celestes saíron volcados en prol de acadar, como mínimo, un empate máis sendas contras remataron coas nosas ilusións dun xeito moi rápido. Con todo o equipo tirou de orgullo e pelexou por recurtar distancias ao máximo máis só acadaría un gol máis. Así chegaríase ao final cunha dura derrota por cinco a dous.
Isto trasládanos a unha realidade que non esperabamos, polo que se queremos pelexar polo ascenso temos que traballar moito máis, sobre todo en defensa, no que regalamos moito, ou demasiado segundo se vexa...
12 nov 2012
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

No hay comentarios:
Publicar un comentario
Grazas polos seus comentarios, por favor sexa respetuoso.