O CAF.RECA-A.F. retornará á segunda división despois de dous anos en primeira división, e por primeira vez na súa historia perde unha categoría. O curioso é que o fai cos mesmos puntos acadados o ano anterior, só que desa vez salvávase e quedaba a oito puntos do descenso, máis agora fica a tres puntos da salvación, e a doce do cuarto clasificado
.
Foi unha temporada marcada polas lesións e polas ausencias por motivos, sobre todo, laborais. Así tamén, tardamos moito en conseguir un porteiro e perdemos no Nadal a un xogador importante que marchou ao fútbol federado, en concreto, ao C.D.COIA que ascendeu a segunda rexional.
Pois con estas dúas vitorias ante os que eran cuartos e terceiros despedimos unha temporada que ainda que triste foi moi digna, a pesares dos grandes problemas tidos na mesma.
Pero o importante é que o ano que vén seguiremos todos e celebraremos os XV anos que xa cumpre o clube, aí é nada.
6 jun 2012
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Grazas polos seus comentarios, por favor sexa respetuoso.