Onte nun partido onde o CUCA xa non se xogaba nada foi mellor na segunda parte e iso puido custarnos a derrota, xa que nos derradeiros 5 minutos acadamos o empate e grazas a unha xogada afortunada na que o porteiro saca de porta e peta nun xogador noso que estaba o borde do área....
En fin, a primeira parte foi boa pero non acadamos meter as oportunidades que tiñamos e así o CUCA aproveitou a que tivo e se puxo por diante, conseguiriamos empatar ao borde do final da primeira parte. Na segunda parte o nervosismo fixo mella e nada máis comezar marcáronnos o segundo de boa xogada, o caso que prácticamente na xogada seguinte conseguimos empatar de novo, pero de novo os brancos puxéronse por diante. Había tempo pero a cabeza xa non funcionaban igual e todos pretendían facer máis do que podían, así o CUCA era o señor do partido e pronto acadaría o cuarto. Así houbo que optar pola épica e acadar o terceiro, que logo chegou, e a sorte que tantos puntos nos quitou este ano, amén doutros aspectos, deunos un punto de carambola.
Este resultado déixanos nunha situación moi dificil porque no mellor dos casos o Bar de BOU, vindeiro rival está a catro puntos. De todos xeitos, pelexaremos ata o final e de levarse a cabo o primeiro descenso da historia do Atlético Fragoso finalizaremos a temporada coa maior dignidade posíbel.
14 may 2012
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Grazas polos seus comentarios, por favor sexa respetuoso.