26 abr 2012

DERROTA QUE NOS ACHEGA UN POUCO MÁIS AO ABISMO!!!

Horario que comezou coa pobre expectativa de defenderse e aproveitar as ocasións que tiveramos debido a que fomos xustos e sen trocos. Pero o Vanesma despois de moito tentalo conseguiu abrir o marcador despois de 3 rexeites e antes de rematar a primeira parte o colexiado pitou un penalti que craramente non foi. O dianteiro tropeza cun xogador noso e cae, e de aí máxima pena. Ante as airadas protestas do noso xogador, o árbitro recorre ao doado, tarxeta amarela. O Coia aproveita para marcar o segundo tanto e deixar o encontro encarrilado de cara a segunda parte. Así no descanso, mentres revisaba as fichas, o noso xogador volveulle a repetir que non fora penalti, e ante a insistencia botoulle a segunda tarxeta amarela, e como non había trocos comezamos a segunda parte con seis xogadores.
Neste punto diría que hai moitos amiguismos, xa que hai a xogadores de equipos, digamos grandes, que cando o resultado non lles vai como acostuman se lles permite de todo. En troques, aos parvos de sempre, nós por exemplo, por protestar unha xogada que efectivamente non era, e ainda que non a tivera, na que non che están faltando ao respecto nin nada similar, déixase a un equipo sen efectivos alegremente. Xa vimos como nos expulsaban xogadores por dar un par de aplausos; por rir; por repeler unha agresión (quedando o agresor no campo); por laiarse no campo despois de recibir unha patada.... Como pode ser que vaias facer deporte e veñas de tan mala hostia? Que os árbitros se trabucan, si, e nós tamén, pero a maioría das veces os partidos rómpense por non ser quen de dialogar e, ademáis, se cabe, acender máis os ánimos dos xogadores...
Total, con este resultado, de 2 a 0 comezou a segunda parte pero era obvio que con 6 xogadores ía ser moi       complicado non recibir máis. Así tentamos xogar e levamos, creo que 5 goles. Ata que debido ao cansanzo, comezaron a chegar entradas tardías que acenderon o ánimo dos xogadores. Máis, a que provocou a tangana coa que finalizou o partido non chegou a impactar porque o defensa recolleu en última instancia a perna e o xogador rival esquivouna, de todos os xeitos preferiu deixar de xogar e ir a encararse, e aí foi onde nos botaron por dobre amarela a un par de xogadores máis. E foi aí onde se mirou a dobre vara de medir, entrementres eles ameazaban con romper caras e demáis, a un xogador noso caeulle a segunda tarxeta por chamar a outro "subnormal". Como con catro xogadores non se podía continuar rematou o resultado e, supoño, que por isto o resultado debía ser 3 a 0.

RESULTADOS XORNADA 25ª:

FERRET.COSTA VIDAL IMPERM 7- NEUMATICOS RODALCO 1 Navia-2 28/04/2012 14:00
ESTABILIZA 5 - TRANQUIMACIN 5 Traviesas-1 28/04/2012 19:00
EL BAR DE BOU 2 - ATLETICO TACTEKA 1  Traviesas-2 28/04/2012 16:00
CUCA 2 - CAF. CARACAS MIRMIDONES  3 Traviesas-2 28/04/2012 18:00
COMERCIAL BASTOS 2 - CAF. MOMPER LOFT  6 Navia-2 28/04/2012 15:00
COIA PEL. VANESMA 5  - CAF.RECA- ATL. FRAGOSO  0 Traviesas-2 28/04/2012 15:00
CLINICA LUIS VILAS 6- CAFE BAR VARILLAS 1 Cotogrande-4 29/04/2012 15:30
CUCA 3 - TRANQUIMACIN(23)  7 Cotogrande-4 29/04/2012 18:30
ATLETICO TACTEKA 4 - FISIOTERAPIA S. LAZARO(28) 7 Cotogrande-3 29/04/2012 18:30



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Grazas polos seus comentarios, por favor sexa respetuoso.