18 mar 2012

Caf.RECA-A.F. 3 - Caracas 2

VITORIA IMPORTANTE QUE NOS SACA MOMENTANEAMENTE DO DESCENSO!!

Gran partido o xogado polos dous equipos onde se notaba no ambiente a tensión pola importancia dos puntos en xogo. Así con todo o partido foi unha ida e vida dunha portería a outra, máis o Reca estivo máis afortunado de cara a portería e púxose pronto por diante cun dous a cero, que o equipo branquinegro recurtou xusto antes de pitar o final da primeira parte.
Coas espadas no alto comezou a segunda parte, onde o partido seguiu sendo de ida e volta pero por sorte unha gran xogada do noso dianteiro rematou en gol, deixando un complicado 3 a 1 para os nosos rivais. O partido non decaeu e seguiron chegando as ocasións por parte dos dous equipos, así como a tensión que cada vez era máis evidente. Con todo, despois de errar unha crara ocasión o noso equipo, o Caracas marcou de falta e pouco despois enviaría un balón ao poste, rematando o encontro co resultado de 3 a 2.

Con este resultado e pendentes do que acontecera noutros partidos saímos dos postos de descenso e apretamos máis a liga, onde o derradeiro posto de descenso vaise vender moi caro nesta temporada.

RESULTADOS DA 20ª XORNADA:

F.COSTA VIDAL 4 - CUCA 3
ESTABILIZA 4 - EL BAR DE BOU 2
CAF.CARACAS 2 - Caf.RECA-A.F. 3
ATLETICO TACTEKA 5 - Café Bar VARILLAS 4
TANQUI MACIN 4 - Cl.Luis Vilas 2
N.RODALCO 0 - VANESMA 3
F.SAN LÁZARO 0 - C.BASTOS 5

Pois con estes resultados todo aprétase de novo, xa que o descenso situase agora en 24 puntos con tres equipos empatados con eses puntos, e a continuación nós e o Tacteka con 25. A partires de aí ábrese unha pequena fenda de 5 puntos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Grazas polos seus comentarios, por favor sexa respetuoso.