16 ene 2012

Boas sensacións e sabor agridoce polos resultados!!!

No dia de onte xogabamos un partido e medio, ámbolos dous xogados a gran nivel pero con distinto resultado. O xogado contra o C.Bastos rematou cunha inmerecida derrota por 4 a 2 e a segunda parte aprazada e xogada contra o Cl.L.Vilas rematou cunha vitoria parcial de 2 a 1, facendo un total de 4 a 3. Con isto, e a falta de saber o resto de resultados dá outro pequeno paso de cara as súas aspiracións de manter a categoría e celebrar así o seu décimoquinto aniversario en primeira.

O partido do Bastos comezou con varios ocasións nosas ata que Jorge consegue finalizar perfectamente de remate cruzado dende o lado esquerdo un bo pase en profundiade. As ocasións seguiron sucedéndose a prol nosa ata que un xogador do Bastos inventouse un disparo dende un lugar bastante complicado e de disparo duro, raso e colocado ao pau contrario bateu a Alberto, desta volta cancerbeiro, que nada puido facer. A primeira parte rematou con este resultado.
A segunda parte o noso equipo seguiu tendo o peso do partido ainda que o Bastos xa se deixaba ver máis polo noso área. Éstes, tiveron que empregarse duramente para parar ao noso dianteiro estrela, Nacho, que despois de recibir unha dura entrada e despois de outras moitas,recibiu a segunda tarxeta amarela por revolverse mentras caía. Así unha vez máis, somos castigados por recibir patadas e dicir ¡hai!. Con isto, e co equipo fóra de si, e despois de errar dúas ocasións crarísimas co porteiro batido o C.Bastos marca o segundo gol. O noso equipo foise arriba con moito corazón pero pouca cabeza e así o Bastos marcaría o terceiro e cuarto gol. Máis o equipo non se veu abaixo e seguiu atacando, ata que marcou o segundo gol. Momento no cal o árbitro pita o final a falta de tres minutos debido a que tiñamos que comezar o seguinte partido e, supostamente, non había luz. O certo foi que estivemos esperando a que remataran o resto dos partidos, e, ademáis, houbo luz!!! En fin, remontar non ía ser posíbel, pero queremos pelexar os partidos ata o final!!!
No seguinte eran 23 minutos e chegou ata os 24´30´´! En fin... é algo que terán que tratar os árbitros coa organización porque non é xusto que dia si e dia tamén nos estean a quitar minutos dos partidos por diferentes motivos, que entre ir buscar balóns, faltas, etc quedan en nada.
Pois este segundo partido colleu ao noso equipo medio dormido e o Clínica L.Vilas aproveitouse delo, tendo varias ocasións craras e un gol anulado porque un compañeiro seu entrou na portería cando ía buscar a mochila... o caso foi que a xenreira por este gol anulado fixo que ao pouco nos marcaran outro tanto, desta volta legal. Pero o equipo, lonxe de virse abaixo foise arriba con gran criterio e tras varias ocasións acadaron empatar o partido e despois a balón parado poñerse por diante. Así o equipo mellorou o seu xogo defensivo sen renunciar ao ataque e tras errar un man a man crarísimo tivo que sufrir varias xogadas craras que a piques estiveron de causarnos un disgusto, sorte que Alberto, onte convertido en cancerbeiro, salvou magníficamente esas ocasións. Así chegouse ao final cun parcial de 2 a 1 e un resultado no partido de 4 a 3 a favor nosa.
Imos ver como quedan o resto de rivais!!!

Deixo para que a xente comente a seguinte cuestión: ¿ESTÁ BEN ANULADO O GOL RECIBIDO POR NÓS POR ESTAR UN COMPAÑEIRO DELES DENTRO DA PORTERÍA CANDO PASABA A BUSCAR A MOCHILA?

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Grazas polos seus comentarios, por favor sexa respetuoso.