19 dic 2011

Caf.RECA-A.F. 1 - Pel.Vanesma 6

Dura derrota a sufrida polo noso equipo que moi mermado polas baixas acudiu ao encontro sen trocos e sen os xogadores habituais na zona ofensiva. Así, fíxose o que se puido, que foi ir ao tempo de lecer cun ressultado adverso de 1 a 0 e conseguir empatar ao pouco da reanudación. Máis a ledicia durou pouco, e ainda que se loitou por volver conseguir acadar o empate tras recibir o segundo tanto dos visitantes, o terceiro tanto pechou o encontro. Os celestes seguiron xogando e pelexando por marcar, con máis corazón que cabeza, e así chegarían algunhas craras ocasións, ben paradas polo seu cancerbeiro. A súa contra foi letal e saímos goleados polo resultado, xa comentado, de 1 a 6. Jorge (Pepe) acadou o gol da honra.
Xogaron: Lareo, Fran, César, Pepe, álex, Viñas e Cabe.
Suplente: Samuel

Da xornada hai que comentar o paso firme que leva o lider, Tanqui Macin, que ainda que gañando, xeralmente, por resultados axustados, non lle pode a presión; e a derrota do C.Bastos ante o Caf.Momper por 2 a 1. Pola nosa banda, cos resultados na man, estamos a 1 pto do descenso, cun partido menos cos nosos rivais directos.

RESULTADOS XORNADA 10:
NEUMATICOS RODALCO 0 - 6 FERRET.COSTA VIDAL IMPERM

TRANQUI MACIN 4 - 3 ESTABILIZA

ATLETICO TACTEKA 2 - 2 EL BAR DE BOU

CAF. CARACAS MIRMIDONES 10 - 3 CUCA

CAF. MOMPER LOFT 2 - 1 COMERCIAL BASTOS

CAF.RECA- ATL. FRAGOSO 1 - 6 COIA PEL. VANESMA
(Jorge)
ATLETICO TACTEKA 2 - 6 COMERCIAL BASTOS(8)

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Grazas polos seus comentarios, por favor sexa respetuoso.