21 nov 2011

At.TACTEKA 2 - Caf RECA-AF. 2

Partido aprazado correspondente á 4ª xornada o disputado o sábado ás 16 horas en AS Travesas.
O partido tivo moita intensidade dende o principio ao fin, e, dende logo, merecemos gañar o encontro cómodamente, xa que eles, quitando os dous goles, ambos cun pouco de sorte, non inquedaron a portería defendida, desta volta, por Alberto. O partido comezou co equipo violeta levando o peso do balón pero sen inquedar a portería celeste. As contras celestes cada vez eran máis perigosas e cada vez se ía recuperando o balón máis arriba ata ter prácticamente controlado o partido. O gol deles chegaría nun saque dende o curruncho tocado en curto a esquina do área máis próxima, onde un dos seus xogadores disparou sen apenas forza e tras pasar debaixo do pé dun central celeste coouse polo segundo pau. Así, e tras desaproveitar os visitantes varias ocasións rematouse a primeira parte co resultado de 1 a 0.
A segunda parte sería totalmente dos do RECA que asfixiaron ao rival e dunha xogada de tiraliñas e tras errar en varias ocasións, Álex puña o empate no marcador. Máis, a sorte púxose da parte dos locais que ao pouco nunha contra illada tiran dende un lateral, pega na punteira do central celeste e o balón coase polo único hoco posíbel entre o porteiro e o pau. Con todo, os celestes repuxéronse deste duro golpe e seguiron empurrando ata que Pepe, a pouco do final, acadaría poñer o derradeiro 2 a 2 no taboleiro tras marcar de falta ao borde do área.

Polo de agora, sabemos que a Momper gañou os seus dous partidos, polo que de pronto perdemos unha posición...
A seguir deixovos a clasificación da anterior xornada:

x G E P F C Ptos
COMERCIAL BASTOS 6 6 0 0 26 7 18
TANQUI MACIN 6 5 1 0 25 10 16
FISIOTERAPIA S. LAZARO 6 5 0 1 26 10 15
ATLETICO TACTEKA 4 3 0 1 11 07 09
EL BAR DE BOU 5 3 0 2 16 16 09
COIA PEL. VANESMA 6 2 2 2 19 17 08
CAF. CARACAS MIRMIDONES 4 2 1 1 13 08 07
FERRET.COSTA VIDAL IMPERM 6 1 3 2 13 09 06
ESTABILIZA 5 2 0 3 18 19 06
CAF.RECA- ATL. FRAGOSO 5 2 0 3 12 17 06
CLINICA LUIS VILAS 5 1 1 3 10 11 04
CAFE BAR VARILLAS 6 1 1 4 11 24 04
CAF. MOMPER LOFT 4 1 0 3 14 13 03
NEUMATICOS RODALCO 5 0 1 4 05 24 01
CUCA 5 0 0 5 12 39 00

2 comentarios:

  1. A momper gañou un e perdeu outro... non perdemos posición con respecto a eles

    ResponderEliminar
  2. O resultado está mal, xa foron reclamalo!

    ResponderEliminar

Grazas polos seus comentarios, por favor sexa respetuoso.