10 oct 2011

Segunda xornada

A vitoria traballada pero xusta, nesta segunda xornada, dá azos ao equipo para mirar cara diante con optimismo, sobre todo, logo de colleitar unha dura derrota na primeira xornada polo resultado de 5 a 0.
Neste partido, ante o N. Rodalco o equipo apretou dende o primeiro intre e tivo as mellores ocasións ata que marcou o primeiro tanto Álex a servizo do incombustíbel Kabe. O equipo local apenas inquedou a meta celeste, se ben, a ocasión que tiveron foi moi crara e diante do porteiro mandaron o balón por riba do longueiro.
A segunda parte foi un monólogo do equipo celeste que errou varias ocasións ata que Nacho empurra o balón tras unha boa xogada de Isaac, e éste último deixa o definitivo 3 a 0.


Xogadores Caf.Reca.-A.F.:


02.- Quique: *** Impecabel no pouco que tivo que actuar.
03.- Samuel: *     Baixo de física, errou un gol que daría tranquilidade
04.- Kabe:    *** Tras un quecemento brazileiro chegou a punto para abrir a lata
05.- Nacho:  *** Demostrou a súa clase en todo momento
07.- Fran:     *** Infranqueabel en defensa e perigoso en ataque
09.- Isaac:    *** Omnipresente durante todo o partido, tanto en defensa como en ataque
12.- César:   *** Gran traballo defensivo, amosa estar nunha segunda xuventude. Sacou a "grulla"
14.- Álex:     *** Gran polivalencia. Amosou calidade e sacrificio en todos os postos que ocupou

Resultados de 1ª senior a seguir:

descansa CUCA
EL BAR DE BOU 1-3 COMERCIAL BASTOS
ESTABILIZA 2-7 COIA PEL. VANESMA
FERRET.COSTA VIDAL IMPERM 3-3 CLINICA LUIS VILAS
FISIOTERAPIA S. LAZARO 4-2 CAFE BAR VARILLAS
NEUMATICOS RODALCO 0-3 CAF.RECA- ATL. FRAGOSO
TANQUI MACIN 3-2 CAF. MOMPER LOFT
ATLETICO TACTEKA 3-1 CAF. CARACAS MIRMIDONES

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Grazas polos seus comentarios, por favor sexa respetuoso.