23 ago 2010

CAMPIÓNS DO VIII MEMORIAL DAVID BAÑA e MÓNICA LORES


O sábado 21 o Caf.RECA-A.F. alzouse, por segundo ano consecutivo, co trofeo de CAMPIÓN do VIII MEMORIAL DAVID BAÑA e MÓNICA LORES tras gañar ao anfitrión, o ESTRELLAS ROJAS, rachando así a dinámica de que ningún campión conseguía revalidar o título o ano seguinte.

O grupo auguraba un pase custoso, ante tres históricos que saben ben o que é o fútbol-7, un deles vido a máis como é o caso do GB&A, recén ascendido como campión a 2ª. O primeiro partido gañouse por un apretado 3 a 2.

O segundo encontro foi contra o que ía ser, a priori, o candidato a loitar co Caf.RECA-A.F. polo primeiro posto, o GB&A, o cal, finalmente quedou apeado das semifinais ao perder co CESGA no derradeiro partido. Foi un partido moi desputado ata o final, cando os amarelos e negros conseguiron empatar a balón parado no derradeiro minuto, xogadas éstas que nos farían moito dano ao longo da competición. O partido comezou con polémica por un penalti craro (ao noso entender) no que eles pedirían man anterior. O Fragoso marcaría e poríase por diante en dúas ocasións máis, pero estas vantaxes non lle durarían moito tempo, agás a derradeira. Así antes de empatar o equipo amarelo, o árbitro comeríase un clamoroso penalti a favor dos celestes.



Así con todo, chegaríase con todo aberto para que tres equipos puidesen chegar a semifinais: o CESGA, GB&A e o Caf.RECA-A.F. Os dous primeiros tíñanse que enfrontar, polo que dependían deles mesmos, ao igual que os celestes que, como mínimo, precisaban un punto.

Nesta ocasión enfrontámonos cun vello coñecido de primeira junior, un rival que nas derradeiras ocasións nas que nos enfrontamos goleáranos, máis, por sorte para nós, chegaron ao derradeiro encontro sen forzas debido a que xogaron todo o torneo con sete xogadores. O resultado sería de 5 a 2, co que conseguiriamos pasar a semifinais como primeiros.

A semifinal tivo que decidirse na prórroga, contra un rival duro e equilibrado como é o NARANJITOS, o cal, tras adiantarnos nos primeiros minutos e salvar un man a man conseguiría empatarnos ao pouco tempo. A segunda parte foi de moita intensidade e aínda que o peso do partido tiñámolo nós eles chegarían cunhas contras bastante perigosas. Así se chegaría á prórroga, na que tras errar innumerábeis ocasións o partido caería do noso lado, case ao final da 2ª parte da prórroga.

Xa na final, enfrontabámonos a un motivado equipo, o cal, viña de quedar fóra do ascenso a 2ª división da Vigoenxogo, durante a anterior liga, por unhas normas un "tanto" distorsionadoras da competición e que, ademáis, como organizador quería conseguir o título. O partido púxose ben para nós, ao rematar a primeira parte cun resultado de 3 a 1. Máis aínda que fixemos conxura para non relaxarnos durante a segunda parte, pois sabiamos que o noso rival nunca se rende, conseguiu achegarse perigosamente no marcador, máis, o noso maior banquiño pesou e cando mermaron as súas forzas conseguimos deixar o resultado final de 6-3, co cal nos proclamamos campións do VIII MEMORIAL D&M.


A esquerda o título da liga e a dereita o VIII Memorial D&M


4 comentarios:

  1. Hola compañeros, soy Miky del Estrellas Rojas; ya teneis un breve resumen del torneo en nuestra web y algunas fotillos en la galeria. Enhorabuena por otra gran temporada y por revalidar el trofeo. El año que viene nos volveremos a ver las caras, un saludo

    ResponderEliminar
  2. Grazas, esperemos que nós en primeira e vós xa en segunda!!

    ResponderEliminar
  3. ey! una pregunta, cuanto costaba la inscripcion el año pasado?

    este año son 415€, subio,no?

    ResponderEliminar
  4. Sempre sube, creo que eran sobre 390€ pero logo había como dúas fianzas. Agora hai unha, a outra quedou na inscrición.
    Aparte, crise ou non, cada ano sube, deben medirse por algún IPC que nós non sabemos...

    ResponderEliminar

Grazas polos seus comentarios, por favor sexa respetuoso.