Partido moi disputado, o xogado entre o Dicons Vialfer e o Cafetería RECA-A.F., equipos que chegaban a este encontro con aspiracións totalmente opostas, salvar a categoría e ascender, e que se declinou de cara aos locais.
O encontro comezou cun Atlético moi relaxado e un Dicons mellor plantado, aínda que a primeira ocasión crara foi para os celestes que erraron un “man a man” co porteiro local, o cal, sacou un pé que desviou o balón o preciso para que non entrara. Máis as dúas accións que condicionarían o resto do partido virían de xeito case consecutivo. A primeira foi o primeiro tanto dos locais, que chegaría despois dun saque de curruncho cando o despexe do central celeste peta no xogador rival que pugnaba polo balón, quedándolle o mesmo franco para remachar. Case a continuación, sen tempo para asimilar o sucedido, os líderes reciben o segundo tanto de saque de falta. Éste foi sacado dende case o medio do campo e tras ser deixado pasar entre as pernas, intelixentemente, por un atacante coouse limpamente na meta visitante sen que ningún defensa atinara a despexar o balón dentro do barullo no área.
Así con este resultado en 7 minutos, aos celestes só lles ficaba poñerse a funda de traballo e tentar a xesta da remontada. Así con todo o partido trocou, os visitantes foron a pola heroicidade con moito corazón e poucas ideas e os locais defendían o resultado con unllas e dentes, curtando o xogo continuamente con faltas e tentando saír á contra. Deste xeito os cafeteiros conseguiron recurtar distancias antes de que finalizara a primeira parte grazas a unha recuperación do dorsal número 5, Nacho, preto do área que el mesmo remataría.
Con este resultado a remontada semellaba acadábel e así a segunda parte comezaría coa presión abafante coa que remataría a primeira metade. Máis aínda que as ocasións chegaban, comezábanse a errar algunhas moi craras, e se a isto lle engadimos o pouco tempo efectivo de xogo que se estaba a disputar debido as continúas interrupcións dos locais, podemos dicir que o tempo comezaba a pesar coma unha lousa. As precipitacións eran unha constante nos visitantes e os nervos comezarían a aflorar. Isto favoreceu aos do Dicons que dun despexe, en teoría inofensivo, sacarían petroleo, ao errar o, ata ese intre, infalible central celeste un doado despexe de cabeza, que propiciu que o extremo local collera o balón preto do área e puidese asistir a outro compañeiro que seguía a xogada, o cal, rematou libre de marca, batendo ao cancerbeiro visitante de vaselina e facendo inútil a súa estirada.
Os celestes pese ao gol non se viñeron abaixo e apretaron ata o final, deixando o resultado final de 3 a 2. Ao final, despois dun partido tan pelexado, tivo lugar un deportivo intercambio de pareceres entre uns e outros, así como intercambio dos mellores desexos para que tanto uns coma outros acaden os seus obxectivos.
A repercusión, a falta de saber o resto de resultados, é que presumibelmente perdemos parte do colchón que tiñamos con respecto aos nosos perseguidores, o cal, fai que medre a tensión nos postos altos da táboa. Quedan 21 puntos por disputarse e moitos enfrontamentos directos, veremos se somos quen de defender os 3 puntos de vantaxe!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Grazas polos seus comentarios, por favor sexa respetuoso.