6 feb 2010

Caf.RECA-At. Fragoso 4-2 Pente Vigo

Bo encontro o desputado hoxe no campo de Travesas, onde conseguimos gañar o Pente e así proclamarnos campións de inverno.

Na primeira metade conseguimos ir o descanso co resultado de 2-0, grazas os goles de Isaac e Alberto, na cal o Pente apenas inquedou a porteria celeste.

Na segunda metade o Pente saía coa intención de acortar distancias no marcador e así poder intentala remontada. O 2-1 chegaría logo dunha empanada monumental onde queda un xogador completamente so no area e remata a pracer de cabeza fusilando a Chino sen que poidera facer nada. Foi Chino, minutos máis tarde o que evitaría o empate logo dunha gran parada. Prieto e Alberto poría o 4-1a poucos minutos do final do partido. A falñta de menos de 5 minutos para o final, o dianteiro do Pente conseguiría o 4-2 definitivo logo dun golazo que entrou por tda a escadra.

3 puntos, os cales nos permiten rematar esta primeira volta de líderes. Agardemos que nesta segunda volta cumplamolo mesmo guión da primeira. Agora a polos seguintes o pechacancelas da clasificación.

2 comentarios:

Grazas polos seus comentarios, por favor sexa respetuoso.