20 oct 2009

Historia

  • Dende 1997 creando bo fútbol








  • Este equipo naceu da vontade dun grupo de amigos en facer un equipo coa xente do barrio, é dicir, da xente que naquel entón habitaba arredor dun Solar que aínda hoxe existe, situado entre Proa, Fragoso e a Florida. Todos eles pasaban as súas horas de lecer xogando ao fútbol nese lugar.

    Un dia unha selección de xogadores do barrio disputou un partido de pretemporada contra os xuvenís de primeiro ano do Sárdoma C.F. , partido no que se fixo un papel moi digno, por certo. De aí, algúns do barrio pasaron a disciplina do Sárdoma, entrementres, outros continuaron nos seus clubes. Unha vez rematada a temporada, é dicir, a liga 1996/97 todos estes abandonaron os seus clubes e xunto con outra xente do barrio formaron o Nova Rutas-B, o cal, na súa primeira temporada en 2ª Junior, no ano 1997/98, acadou o ascenso no segundo posto. A partires de aí, acadou un 4ª posto na temporada seguinte, e logo dunha breve crise o equipo pasou a denominarse Atlético Fragoso conservando sempre a categoría de 1ª Junior e acadando un meritorio 6º posto na temporada 2002/03.

    Na temporada 2003/04 consíguese un patrocinador que se fai cargo da totalidade dos gastos do clube e, por tanto, trócase unha vez máis de nome, o equipo pasa a chamarse C.C.Beade, o cal, consegue acadar o liderado na temporada 2004/05 durante varias xornadas consecutivas, pero o mal de alturas pasa factura e encaixánse varias derrotas consecutivas e seveiras que deixan a moral do equipo tocada o que motivou que tendo a categoría salvada moitos dos seus membros tiraran a toalla e se relaxaran en exceso, rematando definitivamente no oitavo posto.

    A Temporada 2005/06 a executiva do equipo, formada polos máis veteráns, por mor dos horarios decide pasar o equipo a 3ª Senior. O obxectivo desta temporada é ascender, cousa da que se quedou bastante lonxe, pero que a temporada seguinte, xa co nome de Cafetería RECA- Atlético Fragoso case se consegue ficando nunha 4ª posición despois de estar o 80% das xornadas en postos de ascenso.

    A temporada 2007/08 foi a do 10º Aniversario, na que tampouco se acadou o desexado ascenso ficando nunha boa 6ª posición.
    Pero, é, por fin, na temporada 2008/09 cando se consegue o ansiado ascenso a 2ª, deixando atrás 4 anos en 3ª división grupo B.

    Pero, por nembargantes, a gran temporada sería a seguinte, na que se consegue o regreso a 1ª, desta volta na categoría senior, e como campión de grupo. Así o paso por 2ªA foi un paso fugaz co que non se contaba, máis o grupo demostrou que era moi competitivo e que soubo aguantar a presión non perdendo a 1ª posición en toda a segunda volta, e todo, habendo equipos con plantillas mellores. Por elo, a plantilla do Atlético Fragoso da temporada 2009/10 pasa a historia como a campiona do grupo 2ªA que logra chegar a 1ª senior, despois de deixar 1ª junior cinco anos atrás. Por tanto, pasarán a historia: 1.- Chino; 2.- Quique; 3.- Samuel; 4.- Kabe; 5.-Nacho; 6.- Edu; 7.- Fran; 8.- Lareo; 9.- Isaac; 10.- Alberto; 11.- Prieto; 12.- César; 13.- Viñas; e 15.- Pepe.
    A temporada 2010/11 sería a da permanencia, ocupando a undécima posición. A temporada comezou moi mal, quizáis un pouco amedrentados pola categoría, xogando ben pero perdendo case sempre por erros infantís. Co equipo en posición de descenso remataría a 1ª volta. Para a segunda volta fichamos a Óscar Moure, o cal, foi moi importante para acadar varias vitorias consecutivas e acadar a confianza que precisaba o equipo para saír dos postos de descenso. Con éste de baixa por lesión seguiron chegando bos resultados pero ao final de liga fíxose moi longo ao haber innumerabeis baixas que facían baixar o rendemento do equipo, e provocando, á súa vez, anguria por non acadar a salvación matemática adiantadamente. Pero ésta chegou  con Moure como máximo goleador pese a xogar moi poucos partidos.


    Este é un equipo polo que pasaron moitos xogadores que, en maior ou menor medida, deixaron a súa impronta no mesmo; un equipo que mantén a súa espiña dorsal, formada polos fundadores e os veteráns do mesmo, que marca o rumbo a unha nova remesa de xogadores que completan con forza, gañas e calidade a eses que sempre estiveron aí, nos bos e malos intres; e un equipo que soña con poder lograr algo grande, como quedar campión, pero que se conforma con estar loitando polos postos de arriba. Este é o desexo para esta temporada que comeza. ¡¡ÁNIMO RAPACES!!






    Foto de Arriba: Equipo fundador subcampión de 2ª junior da temporada 1997/98. De esquerda a dereita, comezando por abaixo: Gabi, Castro, Samuel, Alberto, Dimas; arriba: Amorín, Iván, Gregorio, Edu, Fran e adestrador David.
    Foto de Abaixo: Equipo do barrio que fixo fronte a un combinado do Sárdoma en 1995.






    No hay comentarios:

    Publicar un comentario

    Grazas polos seus comentarios, por favor sexa respetuoso.